Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

San Jerónimo Emiliani participa no novo programa de formación dual da Xunta permitirá impulsar a integración laboral de persoas con discapacidade intelectual

Os participantes accederán a un itinerario formativo adaptado de tres anos que lles permitirá obter un certificado de profesionalidade

Os participantes accederán a un itinerario formativo adaptado de tres anos que lles permitirá obter un certificado de profesionalidade

Fecha: 09 de Diciembre de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia vén de resolver a convocatoria do novo programa de formación dual destinado a persoas con discapacidade intelectual que permitirá impulsar a súa integración laboral a través da cualificación e a experiencia profesional.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 2.068.932 euros a esta iniciativa, que se desenvolverá en colaboración cos centros especiais de emprego e da que se beneficiarán un total de 60 persoas (10 por cada centro).

Os alumnos, que deberán estar inscritos como demandantes de emprego, contarán cun contrato para a formación e a aprendizaxe de tres anos de duración. Os centros beneficiarios poñerán en marcha itinerarios formativos adaptados e estables que lles permitirán obter certificados de profesionalidade. Os apoios alcanzan nos tres anos os 34.482,20 euros por traballador.

En total beneficiaranse seis centros especiais de emprego, que obteñen as axudas para asumir os custos salariais dos participantes, para o desenvolvemento das actividades formativas e para a contratación de persoal de apoio e acompañamento das persoas con discapacidade no seu posto de traballo. O tempo de traballo efectivo será do 50% da xornada, e o 50% será destinado ás actividades formativas. A data de inicio está prevista para mediados deste mes de decembro.

En concreto, as entidades son: Aspaber en Carballo e san jerónimo emiliani na Guarda, que se centrarán no certificado de profesionalidade de limpeza de superficies e mobiliario en oficinas locais; Juan María Empleo (Vigo), con actividades auxiliares de comercio; e Aceesca (O Porriño), Servinserta (Boiro) e Fundación Juan XXIII (Pontevedra), nos que se ofrecerá o certificado de auxiliar en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

Esta nova medida forma parte das diferentes iniciativas desenvoltas pola Xunta para impulsar a inserción laboral das persoas discapacitadas. Trátase dun elemento decisivo para lograr a súa inclusión plena, un obxectivo prioritario para a Administración autonómica e recollido na Axenda 20.

Así, nas próximas semanas tamén se abrirá a convocatoria do programa Galicia Emprega Persoas con Capacidades Diferentes ou en Risco de Exclusión Social. Dotado con 2,2 millóns de euros, inclúe bonos para a contratación, a formación e o emprego con apoio. Agárdase que se poidan beneficiar un total de 185 persoas desta medida.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones