Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Sanitarios da Guarda esixen a cobertura de dúas prazas ante a sobrecarga de traballo no Centro de Saúde da Guarda

As médicas de familia do SAP da Guarda queremos denunciar publicamente a situación actual do centro, que leva desde inicios de ano con dúas prazas sen cubrir. Esta situación leva a un aumento na sobrecarga de traballo que nos vindeiros meses pode empeorar

As médicas de familia do SAP da Guarda queremos denunciar publicamente a situación actual do centro, que leva desde inicios de ano con dúas prazas sen cubrir. Esta situación leva a un aumento na sobrecarga de traballo que nos vindeiros meses pode empeorar

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Febrero de 2024

Fuente: Redacción

As médicas de familia do SAP da Guarda queremos denunciar publicamente a situación actual do centro, que leva desde inicios de ano con dúas prazas sen cubrir. Esta situación leva a un aumento na sobrecarga de traballo que nos vindeiros meses pode empeorar.

Malia que este ano todo o persoal do SERGAS ve diminuida a súa xornada laboral, no noso caso vaise ver aumentada de forma encuberta ao obrigárennos a cubrir en quendas de sábado as vacantes, mediante un sistema obsoleto de reserva que no pasado servía para facer fronte a imprevistos.

Esta medida, que nos calendarios a inicio de ano non existían, supón un agravio sobre todo nos centros de saúde máis periféricos e nos que existen vacantes sen cubrir. O que supón unha sobrecarga adicional da carga de traballo, a limitación de dereitos laborais, e o que e aínda peor, que centros como os da Guarda, o do Rosal e Oia, considerados de difícil cobertura, terán maior complicación na cobertura das súas vacantes, producindo un prexuízo na poboación.

Sorprende porque a inicios de semana Conselleiro e Xerente desta área viñeron ao centro a anunciar grandes promesas, cando medidas fundamentais, como a de tomar medidas para a cobertura de persoal no centro ou facer realidade o segundo equipo no PAC seguen a ser as grandes promesas incumpridas, sendo medidas que mellorarían a calidade asistencial da poboacion Baixo Miño.

Desde o noso colectivo queremos lembrar que sen persoal non hai sanidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí