Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

SANTOS HÉCTOR CUALIFICA A MOCIÓN DE CENSURA DE OIA COMO UN FRAUDE Á CIDADANÍA

O secretario xeral do PSdeG-PSOE asegura que os tres concelleiros de Converxencia teñen que explicar qué cambiou en tres meses

O secretario xeral do PSdeG-PSOE asegura que os tres concelleiros de Converxencia teñen que explicar qué cambiou en tres meses

Fecha: 04 de Noviembre de 2015

Fuente: PSdeG-PSOE OIA

O secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia, Santos Héctor, asegura que son os tres concelleiros de Converxencia Galega os que teñen que aclarar a cidadanía de Oia qué foi o que mudou dende o mes de xuño para presentar agora unha moción de censura contra a alcaldesa socialista que eles mesmos apoiaron.

Santos Héctor, en resposta as declaracións dos concelleiros de CG, indica que a propia alcaldesa fixo todos os intentos de pactos posibles con estes tres concelleiros e que sempre se negaron, tanto a entrar no goberno como a pactar temas puntuais. "Son eles os que teñen que explicar qué ofreceulles o Partido Popular para firmar agora unha moción de censura contra a alcaldesa que eles mesmos apoiaron en xuño".

"Para os socialistas nos queda moi claro -mantén Santos Héctor- que estes concelleiros son o Partido Popular disfrazado. Presentáronse baixo outras siglas porque sabían que ían perder o goberno municipal e deste xeito uns meses despois acadan a alcaldía dun xeito fraudulento cos veciños e veciñas de Oia".

Un auténtico fraude a cidadanía, sinala o voceiro socialista na provincia, sobre todo, porque as "eleccións municipais deixan moi claro que a cidadanía de Oia non quería que gobernarse o Partido Popular".

Por elo, o secretario xeral do PSdeG-PSOE, insiste na necesidade de que ambos grupos firmantes da moción de censura teñen que explicar a toda a cidadanía de Oia en qué basan o seu pacto e cal vai ser o seu programa.

Santos Héctor asegurou que o grupo socialista vai estar moi vixiante nos
próximos meses as actuacións deste novo goberno municipal, sobre todo, nos proxectos urbanísticos, incluído o Mosteiro de Oia e o PXOM do
concello.

Por último, o secretario xeral socialista volve a preguntar si o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo, "apoia este xeito de facer política apoiando unha moción de censura contra a alcaldesa de Oia".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones