Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Sesión Ordinaria de Pleno este xoves en Oia

Xoves 21 de decembro ás 19:00h no salón de sesións do Concello

Xoves 21 de decembro ás 19:00h no salón de sesións do Concello

Fecha: 21 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Oia

Concello de Oia

DECRETO: Convocatoria de Pleno Ordinario

Tendo en conta o acordo plenario adopato en sesión ordinaria de 28 de setembro de 2017, no que se establece a periodicidade mensual das sesións ordinarias do Pleno da Corporación mantendo as previsións de día e horario xa establecidas con anterioridade: último xoves de cada mes, ás 20:00horas, durantea tempada de verán, e ás 19:00horas durante a tempada de inverno, e prevendo que no mes de nadal a celebración adiantaráse á semana anterior ás festas.

Asistido pola Secretaria e de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 7/85, do 2 de abril,  reguladora das Bases de Réxime Local, en relación cos artigos 78.2, 80 e 82 do Regulamento de Organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado mediante RD2568/86 do 28 de novembro, e en virtude do establecido no artigo 47.2 do mesmo corpo legal, esta Alcaldía-Presidencia RESOLVE:

PRIMEIRO: Convocar a Sesión ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día 21 de decembro, ás 19:00horas no Salón de Sesións do Concello, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quorum esixido na primeira,  coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede,  da acta da sesión anterior, acta nº 10/2017 da sesión ordinaria do Pleno da Corporación  celebrado o día 30-11-2017.
  2. Estimación parcial, se procede,  de recurso formulado polo Colexio de Arquitectos de Galicia contrao prego e convocatoria da licitación  do contrato de "Adaptación do borrador do PXOM de Oia á nova Lei 2/2016".
  3. Aprobación  se procede de recoñecemento extraxudicial de créditos 4/2017 (Gastos de locomoción Álvaro Miniño).
  4. Mocións, propostas, escritos dos grupos políticos:

a) Moción de Xoan Lois Lomba (Grupo Mixto) contra a subida das peaxes na AP-9

b) Moción de Xoan Lois Lomba (Grupo Mixto) contra a subida das peaxes na AG57 e solicitude para residentes e traballadores do Baixo Miño

c)  Moción de Xoan Lois Lomba (Grupo Mixto) sobre declaración de Mariano Rajoy como persona non grata

d) Moción de Converxencia Galega sobre o Mosteiro de Oia

 

5.  Mocións de Urxencia

6. Control ós órganos de goberno:
  • Rogos e preguntas
  • Dación e conta de resolucións de alcaldía desde o último pleno ordinario.

SEGUNDO:  Notificar a presente resolución aos Sres. Concelleiros elector, advertíndose-lles que, conforme ao disposto, polo artigo 12.1 do citado RD 2568/86 do 28 de novembro,deberán comunicar ca antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de  asistir a citada sesión.

TERCEIRO: Ordenar se de publicidade a través do edicto no Taboleiro de Anuncios do concello e do portal de transparencia aloxado na sede electrónica(oia.sedelectronica.es) á presente convocatoria.

En Oia, a 15 de decembro de 2017

Asinado

A Alcaldesa

A Secretaria

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones