Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Sete concellos do Baixo Miño, o Condado e a Paradanta poden recibir axudas da xunta para abastecemento, saneamento e depuración para municipios de menos de 5.000 habitantes

Da subvención, que está aberta en réxime concorrencia competitiva ata o 25 de abril, poden beneficiarse municipios coma os de Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Oia

Da subvención, que está aberta en réxime concorrencia competitiva ata o 25 de abril, poden beneficiarse municipios coma os de Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Oia

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Abril de 2021

Fuente: Del. Terr. Xunta en Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, ten aberta unha orde de axudas, dotada con 4 millóns de euros, para a execución de obras de abastecemento de auga, saneamento e depuración que está destinada a concellos de menos de 5.000 habitantes, polo que dela poderán beneficiarse sete municipios das bisbarras de Baixo Miño, O Condado e A Paradanta.

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou desta liña de subvencións, financiada no marco do Eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, nunha visita realizada ao Concello de Pontecesures co seu alcalde, Manuel Vidal, que lle transmitiu o seu interese pola mesma co obxectivo de poder modernizar estas prestacións para a cidadanía.

 

Estamos comprometidos coa mellora dos servizos públicos, con especial interese nos municipios máis pequenos, que en ocasións teñen máis dificultades de financiamento, e por iso abrimos esta liña, da que poderán beneficiarse ata sete municipios do sur da provincia e que pode estender ou ampliar as redes dunha poboación potencial de máis de 19.000 veciños destas bisbarras”, detallou Luis López. Lembrou que o abastecemento e o saneamento “son competencias de carácter municipal, pero Augas de Galicia ten, entre as súas funcións, a adopción de medidas de apoio nesta materia para axudar aos concellos na mellor prestación destes servizos municipais”.

 

Estas subvencións, ás que se opta en réxime de concorrencia competitiva presentando a correspondente solicitude ata o vindeiro 25 de abril, poden beneficiar aos municipios de Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves e Oia.

 

Os concellos interesados poderán presentar senllas solicitudes, unha referida a actuacións en sistemas de abastecemento orientada ao seu funcionamento óptimo e outra para saneamento ou depuración destinada á modernización e aumento da eficacia de instalacións existentes ou a construción de novas infraestruturas, polo que, chegado o caso, poderán recibir ata 100.000 euros de axudas.

 

A orde de axudas establece, como parámetros para a baremación das solicitudes, a poboación do municipio, primando aqueles con menos habitantes; a corresponsabilidade financeira, favorecendo aos que realicen algunha achega económica á execución da actuación; e o estado da tramitación do proxecto. No caso dos beneficiarios, deberán presentar a correspondente xustificación ata o 30 de novembro deste ano.

 

Creo que se trata dunha gran oportunidade para os concellos menos poboados, xa que se subvencionarán alomenos 80 actuacións de abastecemento e saneamento en toda Galicia e creo que pode ser unha vía moi aproveitable polos 23 municipios da provincia de menos de 5.000 habitantes”, concluíu o delegado territorial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí