Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Setembro xudeu en Tui: visita teatralizada e xornadas gastronómicas sefardís

O domingo haberá unha visita teatralizada sobre o patrimonio xudeu de Tui, mentres que venres e sábado continúan as xornadas gastronómicas sefardís con tapas de bacallau en oito establecementos locais.

O domingo haberá unha visita teatralizada sobre o patrimonio xudeu de Tui, mentres que venres e sábado continúan as xornadas gastronómicas sefardís con tapas de bacallau en oito establecementos locais.

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Septiembre de 2024

Fuente: Concello de Tui

Esta fin de semana, o programa "Setembro xudeu en Tui" continúa ofrecendo actividades culturais e gastronómicas para honrar o legado patrimonial das comunidades xudías na cidade. O evento principal será a visita teatralizada ao patrimonio xudeu de Tui, que se celebrará o domingo 15 de setembro ás 11:30 h. A visita, que comezará na Oficina Municipal de Turismo, dinamizarase con escenas teatralizadas ao longo do percorrido, ofrecendo un enfoque interactivo e novidoso sobre a historia xudía da cidade.

Ademais, os días venres 13 e sábado 14 de setembro, continúa a “Ruta de tapas de bacallau”, parte das Xornadas gastronómicas sefardís, nas que oito establecementos locais ofrecen tapas inspiradas na tradición culinaria sefardí a un prezo de 2 €. Os participantes poden recoller os seus "pasaportes" nos bares e restaurantes participantes ou na Oficina de Turismo. Aqueles que consigan polo menos cinco selos, poderán participar nun sorteo de agasallos se entregan os pasaportes antes do 10 de outubro.

Os restaurantes participantes inclúen:

  • Vello Cabalo Furado: Boliños de bacallau con alioli
  • Tapería O Albergue: Pan bao recheo de bacallau encebolado
  • Cafetería Entrehoras: Garavanzos con bacallau
  • Parador de Tui: Cañita rechea de brandada de bacallau e pemento do piquillo con vinagreta de canela e mel
  • Ideas Peregrinas: Baguel de pan de sementes con bacallau afumado e pemento do piquillo
  • Cociñarte: Gratén de bacallau
  • Santiamen: Bacallau á brasa sobre cama de broa de milho
  • Puro Sabor: Empanadilla de bacallau

A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez, destacou o éxito das actividades e animou tanto á veciñanza como aos visitantes a participar. Recordou tamén que Tui é a única cidade da provincia de Pontevedra que forma parte da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad, integrándose tamén no itinerario cultural europeo das Rutas do patrimonio xudeu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí