Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Socialistas da Guarda: A Xunta segue esquecendo a importancia da VAP para a nosa Comarca

Os Socialistas xa tiñamos a sensación de que a VAC non era prioridade para a Xunta nesta lexislatura, pero agora xa o pódemos demostrar con feitos

Os Socialistas xa tiñamos a sensación de que a VAC non era prioridade para a Xunta nesta lexislatura, pero agora xa o pódemos demostrar con feitos

Fecha: 03 de Junio de 2017

Fuente: PSdeG-PSOE A Guarda

Os Socialistas da Guarda consideran inadmisible que a Xunta de Galicia siga mantendo incomunicado o Baixo Miño ao non aportar tan sequera prazos para o remate da Vía de Altas Prestacións entre A Guarda e Tui, o que demostra a situación de esquecemento a que San Caetano somete a comarca. Nas propias verbas do Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, onte no Rosal, a un medio de comunicación local (preguntado sobre os prazos para o tramo entre Tui e Goián), recoñeceu que aínda non teñen prazos tan sequera para poder aproximar unha data.

Como ven declarando nos últimos meses, Antonio Lomba, Alcalde de A Guarda seguirá insistindo co resto de concellos para que se comece a traballar: "Isto demostra o escaso interese que o Partido Popular demostra para esta imprescindible infraestrutura da nosa comarca, que obriga a desprazamentos máis conxestionados e inseguros. Parece que non teñen en conta que sen a V.A.P. a comarca segue adoecendo. Votan a favor aquí nos concellos e logo en Santiago deixan morrer nun caixón o proxecto, como eles mesmos recoñecen."

O grupo do PSdeG no Parlamento de Galicia ven de presentar nos Orzamentos da Comunidade para este 2017, dúas emendas para incluír dotacións no proxecto. A primeira de 8 millóns de euros para o tramo I e II da V.A.P. e a segunda para o acceso a Areas de 400.000 €. Ambas botadas atrás polos votos do PP, o que demostra a dobre vara dos conservadores, opoñéndose e negando a maior a gran necesidade que ten a comarca.

Abel Losada, deputado socialista por Pontevedra recoñece que: "non esconden tan sequera o desinterese. Ca negativa de incluír esa emenda, perdemos unha oportunidade máis de rematar ese tramo que conecta mellor a comarca ca cidade referencia que é Vigo. Non só por unha cuestión monetaria senón por comezar a traballar e ter o compromiso da administración autonómica. Os Socialistas xa tiñamos a sensación de que a VAC non era prioridade para a Xunta nesta lexislatura, pero agora xa o pódemos demostrar con feitos, por exemplo, 41 votos en contra nesa votación."


Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones