Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Solicitan empregar o sobrante da reparación do Pavillón das Solanas de A Guarda en realizar melloras no Centro Educativo

Na reforma do Pavillón das Solanas investíuse un total de 150.000? dos cales 75.000? foron aportados polo Concello de A Guarda e outros 75.000? pola Xunta de Galicia.

Foto arquivo Infomiño.com Visita as obras de reforma do Pavillón en xuño de 2016

Fecha: 09 de Junio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O pasado martes celebrouse unha reunión do Consello Escolar do CEIP Nicolás Gutiérrez Campo "As Solanas" de A Guarda na cal se reclamou, por parte da Dirección do Centro, o emprego do remanente das obras de reforma do Pavillón para realizar melloras nas instalacións do centro educativo.

Entre as melloras solicitadas están a construción dunha pista deportiva exterior, a reposición do firme con xabre dos patios, eliminación de humidades, pintado de paredes, reposición de piso en diferentes aulas e outras.

Na reforma do Pavillón das Solanas investíuse un total de 150.000€ dos cales 75.000€ foron aportados polo Concello de A Guarda e outros 75.000€ pola Xunta de Galicia.

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou un escrito no rexistro do concello da Guarda, onde solicita a utilización dos cartos sobrantes da obra de reforma do pavillón de Solanas en melloras para o CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo, onde está localizado dito pavillón.

O BNG considera imprescindíbel que se utilicen os cartos da "baixa" das obras de reforma do pavillón de Solanas para mellorar diferentes infraestruturas deterioradas no CEIP de Solanas.

Dende o Concello de A Guarda manifestouse o seu compromiso en empregar a parte do seu remanente das obras de reforma do Pavillón, 8.796.32€, para acometer o mantemento do peche do centro, así como valoran tamén a reposición do firme do patio, aínda que entenden que esa obra sería unha mellora, polo que debería de facerse cargo a Xunta de Galicia, ó ser da súa competencia. De todolos xeitos van a valorar se poden asumir as obras do patio, aínda que sexa con fondos propios do concello. Dende o consistorio local están dispostos a acompañar á Directora do Centro a unha reunión co Delegado de Educación en Pontevedra e pedirlle que asuma tamén a parte do remanente das obras da reforma do Pavillón, 8.796.32€, para acometer melloras neste centro.

O Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, recorda ao BNG da Guarda que nos últimos anos investíronse case 889.000 euros nos centros educativos desta localidade, dos cales case 227.000 corresponden ao CEIP de As Solanas.

Dende a Xefatura Territorial afirman que continuarase a priorizar as obras máis urxentes dos centros, "pero quero recordar que debe ser o concello quen asuma a labor de mantemento do centro, como é a súa obriga".

Ao mesmo tempo, engade o xefe territorial que o BNG debe recordar que dende a Consellería de Educación tomouse a decisión de colaborar na execución do cambio de cuberta da pista polideportiva dun pavillón que é de titularidade municipal.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones