Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

SomosArte organiza unha exposición no Centro Cultural da Guarda

Coincidindo coa semana das Festas do Monte na Guarda, do 7 ó 15 de agosto. Poderá visitarse en horario de 10 a 13 h. e de 19 a 22 h

SOMOSARTE é un grupo de pintores e escultores do Baixo Miño e arredores.

Fecha: 07 de Agosto de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A exposición "Arte do adentro" é unha mostra dos artísticos traballos dalgúns integrantes do colectivo SOMOSARTE, no Centro Cultural, coincidindo coa semana das Festas do Monte na Guarda, do 7 ó 15 de agosto. Poderá visitarse en horario de 10 a 13 h. e de 19 a 22 h.

SOMOSARTE é un grupo de pintores e escultores do Baixo Miño e arredores. Nesta ocasión, expoñen dous pintores/as: por unha parte, Libia Domínguez de Goián, alumna do pintor Antonio Fernández, mostra o seu afán de crear e compartir emocións a través das representacións da paisaxe, as xentes e a naturaleza galega mediante diferentes técnicas pictóricas. Por outra parte, Nacho Martínez (Saa), natural da Guarda, estudou Arquitectura e Interiorismo, o que provoca que a súa pintura transforme o cotidiano en construccións visuais en planos superpostos.

Ademáis, catro son os escultores "somosartes" que expoñen a súa "Arte do adentro": Ignacio Moure (Moure), nado en Tomiño, é un autodidacta buscador de formas, que dende neno sinte curiosidade polas expresións que calquera materia lle tramite. Pola súa parte, o guardés Anxo Ferreira formouse na Escola de Canteiros de Poio (Pontevedra) e ten participado en exposicións e certames de cantería dende 1993, aínda que na actualidade traballa na restauración da Catedral de Santiago de Compostela. Mentres, o vigués Adrián Pena é torneiro artístico, isto é, a súa obra fusiona o torneado de madeira con outros materiais (resina, oso, etc.), despois de instruirse cos mellores torneiros nacionais (As Pontes, Madrid, Málaga, etc.). Por último, Xuxo Malone é un autodidacta guardés que practica a arte en moitas das súas vertentes: a escultura (en cerámica, deseño, modelado, torno, etc.), o debuxo ou a pintura (lápiz, carbón, pluma, óleo, etc.). Tamén participa Mónica Taboada (Puntal): nada en Camposancos (A Guarda), é a quinta de sete irmáns. Trátase dunha artista autodidacta ante a súa primeira exposición. A súa obra é unha declaración de intencións, un espazo de liberdade onde a expresividade cromática toma as rendas, uníndose coa súa paixón polas pedras, as que tamén teñen cabida nas súas creacións.

A mostra de SOMOSARTE é unha cita ineludible para os amantes da pintura e escultura en xeral, pero tamén para coñecer ós/ás artistas da nosa zona, nun contexto tan especial na Guarda por estas datas como son as Festas do Monte.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí