Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

SOS Mosteiro chama á cidadanía a apoiar a moción en defensa do Mosteiro de Oia

A Moción será debatida no pleno deste xoves en Oia

A Moción será debatida no pleno deste xoves en Oia

Fecha: 21 de Diciembre de 2017

Fuente: SOS Mosteiro

A plataforma S.O.S. Mosteiro denuncia e manifesta:

 

-A lamentable situación actual na que se atopa o conxunto histórico do mosteiro de Oia (Ben de Interese Cultural) polo abandono do seu mantemento e conservación, por parte dos seus propietarios.


-As visitas publicas ao mosteiro non poden realizarse xa que o actual propietario impídeo alegando "perigosidade" debido ao seu estado.


-Isto implica o incumprimento da lei do patrimonio cultural de galicia (lei 5/2016, do 4 de maio,) polo que as autoridades poderán (deberan) iniciar os mecanismos de expropiación.


O mosteiro e un ben cultural de tod@s e non debemos permitir que se deteriore aínda máis.


Polo cumprimento da lei, esiximos a expropiación e rehabilitación para o desfrute de todas e todos.


Van 13 anos de secuestro e especulación, é o momento, salvemos o mosteiro.

Tras este manifesto SOS Mosteiro presentou unha moción que será debatida no plenario deste xoves en Oia:

SOS MOSTEIRO, plataforma en defensa do Mosteiro de Oia, formada por veciñas e veciños de Oia, testemuñas do continuo deterioro do cenobio, cansos das mentiras dos propietarios e fartos de ver como se especula co patrimonio cultural, vémonos na obriga de denunciar -ao abeiro do disposto no artigo 5.3 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia-, a lamentable situación na que se atopa o Conxunto Histórico Artístico do Mosteiro de Oia.

Artigo 5. Dereitos e deberes da cidadanía

3. Calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, no cumprimento do previsto nesta lei, está lexitimada para actuar ante a Administración pública da Comunidade Autónoma en defensa do patrimonio cultural de Galicia.

Declarado BEN de INTERESE CULTURAL (B.I.C) no ano 1931, o seu estado pódese cualificar de ruinoso, estado evidente, xa que o seu actual propietario impide as visitas públicas por cuestións de seguridade. A situación de parálise en canto a rehabilitación, aumenta exponencialmente o seu deterioro, e pon de manifesto o incumprimento da LEI DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA (LPCG) por parte do propietario na obrigación de protexer e conservar o patrimonio cultural galego (Artigo 32 LPCG).

Artigo 32. Deber de conservación
As persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens protexidos integrantes do patrimonio cultural de Galicia están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración.
No ano 2004, o mosteiro pasa as mans da "Vasco Gallega de Consignaciones" actual "Kaleido Ideas & Logistics", no ano 2005 crean o proxecto "Residencial Monasteiro de Oia". Nestes últimos anos evidenciase un mínimo de interese pola conservación do propio mosteiro a expensas do pelotazo urbanístico que hai de fondo. Os diferentes bandazos entre e o propietario e as diferentes administracións leva a unha parálise e unha situación de bloqueo total.

Dende un comezo o proxecto que se intentou levar a cabo no Mosteiro e na súa contorna careceu das garantías suficientes de respecto polo Conxunto Histórico Artístico, e non considerou o disposto nas diferentes leis sectoriais. A falla dun servizo de abastecemento municipal e unha defectuosa rede de saneamento con capacidade para cubrir as necesidades dun proxecto de tal magnitude, pon en evidencia a viabilidade dun proxecto que alomenos amose un mínimo de respecto polo entorno. Todos estes atrancos fan de Residencial Mosteiro de Oia un proxecto insostible e imposible.


O enquistamento na que está sumida a día de hoxe a desexable solución para poder ver axiña a rehabilitación do noso patrimonio monacal, chegou a unha
situación límite non so, e fundamentalmente, pola máis que importante situación de deterioro arquitectónico, senón tamén pola sorprendente reclamación xurídico-patrimonial que o propietario do cenobio (Residencial Monasterio de Oia) lle presentou ó Concello en cuestión de falsas perdas económicas pola suposta inacción administrativa da Entidade Local, un exemplo máis do maltrato ós veciños e o Concello de Oia.


Tras varios propietarios e proxectos frustrados, despois de 13 anos perdidos e ante imposibilidade por parte do actual propietario de salvar e por en valor o Mosteiro de Oia, ponse de manifesto unha única vía factible para a protección e o desfrute do noso mosteiro por parte de toda a veciñanza e todos os cidadáns, a expropiación e rehabilitación por parte das administracións competentes.

Despois do exposto SOS Mosteiro, SOLICITA ao pleno do concello o debate e aprobación das seguintes propostas:


Primeiro.- Apoio expreso a plataforma S.O.S. MOSTEIRO e o seu manifesto.


Segundo.- Que poña en coñecemento ante as administracións competentes o incumprimento por parte do propietario da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.


Terceiro.- Que o Concello de Oia traslade a Xunta de Galicia o Acordo Plenario respecto da Moción e inste a Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o cumprimento do artigo 51 da Lei 5/2016 do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.


Artigo 51. Interese social para os efectos da expropiación forzosa
1. É causa de interese social para os efectos de expropiación o incumprimento do deber de conservación dos bens de interese cultural.
2,3...
4. Tamén se considerará causa xustificativa de interese social para os efectos da expropiación a promoción por parte da Administración pública de actuacións destinadas á posta en valor do patrimonio arqueolóxico co obxecto de facilitar a súa visita pública e desfrute pola sociedade.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones