Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Talía presenta este sábado en Tui a súa obra Foucellas

A obra, escrita e dirixida por Candido Pazó, presentarase no Teatro Municipal de Tui este sábado, 11 de marzo, ás 21:30 h.

A obra, escrita e dirixida por Candido Pazó, presentarase no Teatro Municipal de Tui este sábado, 11 de marzo, ás 21:30 h.

Fecha: 11 de Marzo de 2017

Fuente: Talía Teatro

A compañía galega Talía Teatro presenta este sábado, 11 de marzo, ás 21:30 h. no Teatro Municipal de Tui a súa obra ‘Foucellas'. Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo dan vida á historia do famoso maquis galego, na que ficción, mito e realidade mistúranse para nos propoñer unha reflexión sobre un momento único e determinante da nosa historia.

Esta proposta vén referendada por un dos grandes nomes da escena galega, Cándido Pazó, quen dirixe e asina o texto orixinal escrito ex profeso para este espectáculo. Unha peza dramática que, alén de afondar no mítico personaxe galego de Foucellas, propón unha reflexión profunda sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza e a administración da derrota.
 


Dani Trillo asina a escenografía e o deseño gráfico da obra, mentres que Artur Trillo encárgase da distribución desta proposta, na que participan, así mesmo, Afonso Castro (iluminación), Martina Cambeiro (vestiario e maquillaxe), Manuel Riveiro (música), Auri Ferreiro (produción), Rubén Prieto (fotografía e vídeo) e Belén Pichel (axudante de dirección).

As entradas para asistir a representación de ‘Foucellas' poderán adquirirse online durante toda a semana na web do Teatro Municipal ou no despacho de billetes do Teatro Municipal hora e media antes do inicio do espectáculo.
 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones