Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Talía Teatro presenta en Tui ao -Foucellas-, unha obra destinada a reflexionar sobre a derrota e a esperanza

O Teatro Municipal de Tui acolle a representación dirixida por Cándido Pazó o sábado ás 21:30 horas.

O Teatro Municipal de Tui acolle a representación dirixida por Cándido Pazó o sábado ás 21:30 horas.

Fecha: 11 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de Tui

Talía Teatro presenta este sábado, 11 de marzo de 2017, ás 21:30 horas, no Teatro Municipal de Tui a súa adaptación da lenda do Foucellas. A obra, dirixida por Cándido Pazó, emprega a historia real de Benigno Andrade García, un antifranquista e guerrilleiro galego que foi torturado e asasinado en 1952.

Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo dan vida á historia do famoso maquis galego, na que ficción, mito e realidade se mesturan para nos propoñer unha reflexión sobre un momento único e determinante da nosa historia. Para facernos pensar sobre a xestión da esperanza e a administración da derrota, aínda cando un sabe que a súa causa está esgotada.
 






A súa historia, convertida en lenda e a quen se lle atribúen numerosas accións foi tal que todos os maquis galegos eran coñecidos como "Foucellas", converténdose nunha verba xenérica para definir a loita dos homes do monte.

O drama do Foucellas permitiranos pensar un momento histórico, pero ao tempo tamén metaforicamente sobre a xestión da esperanza á que as veces nos enfrontamos.

A entradas están á venda en culturatui.info até o sábado ás 12 horas ou dende ese mesmo día no despacho de billetes a partir das 20:00 horas. Teñen un custe de 6€ e 4,5€.

Foucellas, de Talía Teatro
• Data: Sábado, 11 de marzo
• Hora: 21:30 h
• Duración: 85 minutos
• Idioma: Galego
• Prezos: 6€ e 4,5€
• Ficha técnica: Autor e director: Cándido Pazó; Escenografía: Dani Trillo; Música: Manuel Riveiro; Iluminación: Afonso Castro; Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones