Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Teatro do Ar representa este venres as 20:00 horas a comedia -Distintas Compañías- na Casa da Cultura de Pedornes (Oia)

A compañía presenta a historia dunha aldea na que os espíritos e outros seres non deixan descansar aos veciños con entrada gratuíta

A compañía presenta a historia dunha aldea na que os espíritos e outros seres non deixan descansar aos veciños con entrada gratuíta

Fecha: 21 de Junio de 2019

Fuente: Teatro do Ar

A Casa da Cultura de Pedornes (Oia) recibe este venres a partir das 20:00 horas a Teatro do Ar. A compañía de Nigrán representará a obra orixinal de Pedro Rodríguez Villar, director do grupo, Distintas Compañías. Unha comedia baseada nas lendas que Antonio Fraguas, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, recolleu durante a súa vida de aldea en aldea.

Dous peregrinos chegan a Eiriña, unha aldea pequena que non sae en ningún mapa e onde viven cerca de trinta veciños nun pequeno casco urbano entre leiras e bosques escuros. Perdidos preguntan ó párroco Muñoz, un crego sospeitoso que non sae da aldea dende fai vinte anos, por onde se vai a Santiago. Este non lles responde e os inclúe como parte dun ritual do máis estraño e perigoso.

Con esta historia Pedro Rodríguez pretende mostrar a forza das lendas e a tradición no rural galego. "Son parte da nosa identidade e temos que saber aprecialas como fonte de contos, teatro e todo o que queiramos", explica o creador. Outro dos puntos interesantes da obra, ademais da súa chave de humor, consiste no contraste entre unha xuventude pegada ao Instagram e outra ás lendas de lareira.

Teatro do Ar é unha compañía de rapaces entre 16 e 24 anos que se creou fai oito anos. Colaboran en proxectos de teatro social e xa recorreron gran parte de Galicia coas súas actuacións. Agora chegan por primeira vez a Oia coa intención de "mostrar que o teatro tamén e cousa de rapaces e rapazas".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí