Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Teatro, obradoiros, deporte e gastronomía: completa oferta para a fin de semana na Guarda

Actividades para esta fin de semana na Guarda

Actividades para esta fin de semana na Guarda

Fecha: 24 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Gastronomía, arte e faladoiros

A ruta «Petiscos con arte» continúa este venres, sábado e domingo cunha ampla oferta de pequenas degustacións e obras de arte nos establecementos participantes. Os petiscos poderán degustarse de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas a un prezo único de 1,50€ a unidade.

Por outra parte, ás 20:30 horas de mañá terá lugar na Casa dos Alonso unha nova charla dentro do ciclo «Diálogos en Educación». A temática deste novo encontro xirará entorno á «filosofía para/con a infancia» e estará guiado polo profesor da Universidade da Coruña no departamento de Pedagoxía e Didácticas, Javier F. Rouco.

Celebrarase tamén mañá un novo encontro dentro do ciclo de charlas «Cóidate, muller!», organizado pola Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda. Nesta ocasión, o faladoiro centrarase no «poder das emocións positivas e a comunicación asertiva», contando coa intervención da psicóloga convidada, Andrea Iglesias Fernández. A cita será ás 20:00 horas no Centro Cultural.


25N: Repulsa ás violencias machistas
Este sábado, 25 de novembro, a programación de actividades estará caracterizada polas mostras en repulsa ás violencias machistas. Así, a programación comezará ás 12:00 horas na Casa dos Alonso cun acto conmemorativo no que o alcalde e as concelleiras da Corporación Municipal colocarán unha pancarta contra a Violencia de Xénero. De seguido, o grupo Cinta Adhesiva realizará unha actuación poético-musical.

Completando a programación do 25N, o Centro Cultural acollerá a representación teatral «Nacidas libres» a partir das 20:00 horas deste sábado. A obra, cuxas entradas xa están esgotadas, relata a historia de catro actrices que deciden emprender e montar unha peza inspirándose nunha nova aparecida nos xornais sobre tres monxas retidas nun convento.

Lectura, música e obradoiros
Os máis pequenos da casa tamén terán oportunidade de divertirse durante a fin de semana. Para eles, a Biblioteca Municipal organiza este sábado a partir das 11:30 h unha nova sesión de «Contos contados» dedicada á Ciencia, na que poderán coñecer historias divertidas e realizar un experimento científico.

Para todo o público, ademais, continúa en marcha «Biblioteca Solidaria», unha iniciativa pola que todas aquelas persoas que se acheguen ao espazo de ocio e lectura municipal poderán escoller un libro descatalogado a cambio de aportar unha unidade de alimentos non perecedoiros (arroz, pasta ou legumes, entre outros) ou propios do Nadal (tales como turróns e outros doces, embutidos ou froitos secos) malia que estes sexan perecedoiros.

Para comerciantes e público en xeral, o Concello celebrará un novo obradoiro de decoración dentro da campaña «Decora o teu Nadal», no que os participantes poderán elaborar un abeto iluminado. A proposta, elaborada pola interiorista e voluntaria Maite Lomba, precisa de materiais de baixo custo e/ou de refugallo e terá lugar na Casa dos Alonso entre as 16:00 as 19:00 horas do sábado.

Xa á noitiña, a Igrexa parroquial de Santa María acollerá o Concerto de Santa Cecilia. Os asistentes poderán gozar das actuacións do Grupo de Acordeóns Mascarelhas e a Agrupación Musical da Guarda a partir das 20:30 horas.

Domingo de deporte e culto
O domingo, o barrio da Cruzada rende homenaxe á Santa Catalina coa celebración da popular romaría, organizada pola Comisión de Festas de San Caetano. A celebración dará comezo ás 11:30 horas coa misa na honra da santa e, deseguido, celebrarase a procesión ata a Fonte de Santa Catalina, co acompañamento do grupo de gaitas e baile Xamaraina. Ao remate, a organización servirá un chocolate de balde aos asistentes.

Tamén pola mañá, o Monte Santa Trega e a súa contorna acollerán a celebración do IV Trail do Trega. O evento deportivo, organizado por TimeAventure en colaboración co Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra, estará composta por unha carreira de 18,5 km e un desnivel de 1.100 m, con saída ás 10:00 horas, e unha andaina de 10 km, con saída ás 9:15 horas. O período de inscricións remata o venres e estas poden realizarse a través das páxinas web www.avaibooksports.com e inscripciones.ranckr.com/eventos .

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones