Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Todo a punto para o inicio do novo curso escolar na Guarda

O Concello da Guarda ven de rematar os traballos de mantemento e posta a punto dos 4 centro educativos públicos baixo responsabilidade do Concello

O Concello da Guarda ven de rematar os traballos de mantemento e posta a punto dos 4 centro educativos públicos baixo responsabilidade do Concello

Fecha: 11 de Septiembre de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda ven de rematar os traballos de mantemento e posta a punto dos 4 centro educativos públicos baixo responsabilidade do Concello, o Colexio da Sangriña, o Colexio das Solanas, o Colexio MR Sinde e a escola unitaria de A Gándara.

Durante todo o verán un operario municipal traballou nestes catro centros en diferentes tarefas de mantemento como o pintado de aulas, revisión das instalacións eléctricas, revisión e posta a punto das griferías e dos baños e aseos, reparación das tarimas de madeira das aulas, substitución de pasamáns, limpeza de patios e xardíns exteriores, así como a instalacións de novos corchos nas paredes, recheo de areeiros dos patios ou a reposición de tellas rotas dos tellados dalgúns centros.

Dende a Concellería de Educación do Concello da Guarda fíxose un esforzo extraordinario para que os alumnos e alumnas atopen os seus respectivos centros educativos nas mellores condicións para iniciar este novo curso escolar.

Dende o Concello da Guarda recórdase á Delegación territorial de Pontevedra da Consellería de Educación da Xunta de Galicia que non é competencia do Concello realizar obras maiores nestes centros e que se deben de atender estas demandas para o benestar dos alumnos e alumnas guardeses. No día de hoxe iniciáronse as obras de reparación do muro exterior do Colexio das Solanas, unhas obras que non son de mantemento, polo que deberían de ser acometidas pola citada institución, pero que as está levando a cabo o Concello ante o inicio do novo curso escolar, e despois de non solventarse nin ter contestación para unha solución nos pasados meses. Do mesmo xeito reclámase dende o Concello da Guarda melloras no acondicionamento dos baños e aseos do CEIP As Solanas, o arranxo o substitución da cuberta do patio do Colexio MR Sinde, así como a adecuación dun baño/aseo do CEIP da Sangriña, recordando que se trata, na súa maioría de centros con máis de 25 anos de antigüidade, e que precisan de estas importantes obras, destacando a falla de inversión nos centros educativos do municipio por parte de Educación, cando noutros termos municipais da bisbarra si que se inviste máis diñeiro público, quedando os centros educativos guardeses abandoados pola Consellería de Educación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones