Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño axenda un outono con máis de 40 actividades de lecer para todos os públicos

De outubro a xaneiro, o Concello porá en marcha novidosos programas como o -Mes do humor- e o -Mes do amor-

De outubro a xaneiro, o Concello porá en marcha novidosos programas como o -Mes do humor- e o -Mes do amor-

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Octubre de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

APRAZADO O EVENTO DO 7 DE OUTUBRO

Por enfermidade dunha das actrices, cancélase o espectáculo 'Nais',  Inma Morandeira e Eva Iglesias, previsto para este sábado 7 ás 21.00 horas no auditorio de Goián. Informarase en canto haxa nova data pechada.


Tomiño prepara un final de ano cargado de actividades. O Concello xa ten en marcha a ampla programación para este outono, unha axenda con máis de 40 propostas culturais, deportivas e de lecer de outubro a xaneiro para o desfrute de público de todas as idades.

A tradicional axenda cultural de outono chega cunha morea de actividades e dous novidosos programas: o ‘Mes do humor’ e o ‘Mes do amor’. Durante todo o mes de outubro, o auditorio municipal de Goián converterase en escenario de hilarantes e divertidas historias capaces de sacar sorrisos a esgalla. Este ciclo de humor arrancará este sábado 7 de outubro con ‘Nais’, unha comedia de enredo chea de historias disparatadas protagonizada por Inma Morandeira e Eva Iglesias. 75 minutos de pura comedia na que nada é o que parece e no que un karma caprichoso achega a dúas mulleres totalmente diferentes. ‘Smoke on the water’, de Ibuprofeno Teatro, ou ‘Nina Ninette’, de Paula Quintas-Cía serán outras das propostas para este ‘Mes do humor’.

O mes de novembro Tomiño estará centrado no amor e en historias nas que as relacións afectivas de todo tipo serán o centro. Así, o público poderá achegarse ao auditorio de Goián para desfrutar ‘Duncan de palleiro’, de Lila Teatro; de ‘1888. A señorita Xulia’, de Estudo Momento ou de ‘Viva Vivaldi (1, 2, 3 e 4 estacións)’, dos Monicreques de Kukas.

Decembro será como sempre o mes do Nadal, con actividades solidarias, os tradicionais concertos de nadal da Coral Polifónica de Tomiño e da Banda infantil e xuvenil da Escola de Música e da banda da Agrupación Musical de Goián, un programa con morea de actividades para nenos e nenas ou a Cabalgata de Reis.

“Temos xa en marcha un novo e completo programa trimestral no que aglutinamos todas as actividades de cultura, mocidade, deporte, voluntariado e transfronteirizas dun xeito cómodo e planificado”, salientou a alcaldesa, Sandra González. A rexedora animou a toda a veciñanza a consultar a axenda de outono e “desfrutar dunha morea de actividades coas que aprender, divertirse e gozar da cultura”.

A axenda xa está dispoñible actualizada na web do Concello de Tomiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí