Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño destina 25.000 euros a un convenio coa Agrupación Musical de Goián

A medida foi aprobada por unanimidade no último pleno e permitirá consolidar o proxecto da Escola de Música, que se constituirá nunha entidade de carácter oficial

A medida foi aprobada por unanimidade no último pleno e permitirá consolidar o proxecto da Escola de Música, que se constituirá nunha entidade de carácter oficial

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Unha modificación de crédito por importe de 25.000,00€ financiada con remanente líquido de Tesourería permitirá ao Concello de Tomiño conceder unha subvención á Asociación Sociocultural de Goián, tendo en conta –segundo reza a moción- que “a Agrupación Musical de Goián é un elemento esencial en termos culturais e musicais”.

 

A medida foi adoptada durante o último pleno ordinario, celebrado o pasado luns, co voto unánime dos grupos da corporación. A finalidade é colaborar coa Asociación Sociocultural de Goián para o financiamento da ACTIVIDADE ANUAL DA ESCOLA DE MÚSICA E DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE GOIÁN. "Trátase dun proxecto consolidado que naceu en 1998 e que enche de cultura o noso pobo, realizando actividades de carácter educativo e cultural no ámbito da música; un dos pilares é a labor que se leva a cabo na escola de música que ofrece clases para todas as franxas de idade, a nivel individual e colectivo e que integra distintas agrupacións, como a minibanda, a banda xuvenil, a banda das persoas adultas, etc.".

 

Entre os argumentos que inspiraron a concesión da subvención atópanse feitos constatables, como que varios alumnos e alumnas superan cada ano as probas de acceso aos conservatorios profesionais de música, ou a organización por parte da agrupación, de actividades como os campamentos musicais, os concertos didácticos escolares, Concerto de Nadal, etc. "Préstase moita atención á educación en valores, con charlas, fins de semana de convivencia, excursións, cursos e intercambios con outras agrupacións", sostén a proposta aprobada.

 

 

23 anos de historia

 

A Agrupación Musical de Goián ten 23 anos de existencia, conseguindo numerosas distincións en diferentes certames. Desta entidade nace a Escola de Música de Tomiño, con máis de 140 alumnos/as na actualidade. O Concello sempre apoiou a actividade desta agrupación, procedendo por exemplo, á remodelación do auditorio de Goián en 2015 para dotar á escola de aulas e espazos de ensaio, oficinas, etc. En breve acometerase a mellora da cuberta, do escenario, equipamento de son e iluminacións das instalacións.

No penúltimo pleno aprobouse a cesión de uso de varias salas, para que a escola puidera inscribirse no rexistro oficial da Xunta de Galicia e comezar a recibir subvencións e axudas. Resta agora redactar un convenio entre Agrupación e Concello que regule dereitos e obrigacións de cada entidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí