Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño e Cerveira amosan a súa experiencia de ooperación transfronteiriza

A alcaldesa de Tomiño recibiulles no Concello, onde puideron falar coas Valedoras Transfronteirizas sobre os asuntos e as reclamacións veciñais que tentan resolver

A alcaldesa de Tomiño recibiulles no Concello, onde puideron falar coas Valedoras Transfronteirizas sobre os asuntos e as reclamacións veciñais que tentan resolver

Fecha: 09 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Corenta participantes dun seminario de políticas de desenvolvemento territorial , o Seminario CPS ESPON (Cross Border Public Services.1), organizado en Vigo pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal, foron recibidos onte pola alcaldesa Sandra González, no Concello de Tomiño.
A delegación, integrada por 30 representantes de Suramérica e de diferentes concellos, universidades e entidades galegas e portuguesas, acudiron interesados en coñecer a experiencia de cooperación transfronteiriza entre Tomiño e Cerveira.

Na ocasión tiveron a oportunidade de entrevistarase coas Valedoras da Cidadanía Transfronteiriza (Zara Pousa e Lurdes Cunha), e escoitar o relatorio das súas experiencias no tempo no que veñen desempeñando os seus postos. Comentaron que as consultas, que poden facerse de forma presencial (primeiros e terceiros mércores de mes, con cita previa) ou telemática, teñen que ver, até o momento, coa utilización da piscina municipal de Cerveira; o aeródromo de Cerveira, escola de música de Goián, garderías municipais ou visitas programadas, cos problemas de documentación e permisos que existen na actualidade entre os dous países, e que elas tentaran minorar. "Será unha das nosas grandes loitas conseguir que a fronteira se suavice neste aspecto", afirmaron.

A alcaldesa, pola súa banda, salientou a riqueza cultural e diversidade dos pobos suramericanos, e aconselloules contar sempre coas persoas e non so coas institucións, á hora de traballar en tema de cooperación transfronteiriza. "O mundo cámbiase a nivel local, de abaixo para arriba e comezando polas pequenas cousas", sinalou a rexedora.

Seguidamente, a delegación desprazouse ata Vila Nova de Cerveira, para visitar a piscina municipal e a exposición de proxectos sobre a futura ponte peonil.

Previamente, durante a mañá de onte, técnicos dos concellos de Tomiño e Cerveira participaron en Vigo, na Mesa redonda sobre "Cooperación Local para a prestación de servizos públicos municipais transfronteirizos", presentando o relatorio "Amizade Cerveira-Tomiño: construíndo unha eurocidade participativa".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones