Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO E TUI ACOLLERÁN A MOSTRA ITINERANTE SOBRE O PROXECTO -MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO-

Tras Pontevedra, a mostra itinerante Mulleres en acción: violencia zero continuará en marzo en Tomiño e en maio en Tui

Tras Pontevedra, a mostra itinerante Mulleres en acción: violencia zero continuará en marzo en Tomiño e en maio en Tui

Fecha: 01 de Febrero de 2016

Fuente: depo.es

O vindeiro mércores, 3 de febreiro, a Deputación de Pontevedra estrea no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra unha mostra itinerante que recolle os resultados do proxecto de acción artística contemporánea "Mulleres en acción: violencia zero" levado a cabo o pasado 25 de novembro no espazo público de dez concellos da provincia. Esta mostra itinerante percorrerá os concellos nos que se desenvolveu o proxecto co obxectivo de reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país e, por extensión, no mundo.

O proxecto "Mulleres en acción: violencia zero" foi unha proposta que se desenvolveu o pasado 25 de novembro nos concellos de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Redondela, Lalín, Tui, Tomiño, Moaña e Caldas de Reis, co obxectivo de fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica ó tempo que promover a visibilidade das artistas novas galegas, realizando un achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, da experiencia e da creación colectiva, incentivando a integración de mulleres e homes na loita contra a violencia machista.

Artistas como Carme Nogueira, Ana Gesto, Adriana Pazos, Iria Acevedo, Rosa Neutro, Ánxela Blanco, Mónica Mura, Neves Seara, Laura Piñeiro, Mery Pais e Paulova foron as encargadas de dar corpo a "Mulleres en acción: violencia zero". Os resultados das súas performances poderán verse a partir do mércores 3 de febreiro no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Tras Pontevedra, a mostra itinerante "Mulleres en acción: violencia zero" continuará en marzo en Tomiño, en abril a Lalín, en maio a Tui, en xuño a Moaña, en xullo a Redondela, en agosto a Vilagarcía de Arousa, en setembro a Cangas, en outubro a Caldas e, finalmente, en novembro a Vigo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones