Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño empraza as obras do II Simposium de Escultura no xardín do Centro de Saúde

As outras dúas creacións quedaron en Vila Nova de Cerveira

As outras dúas creacións quedaron en Vila Nova de Cerveira

Fecha: 16 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Dúas das obras do II Simposium Internacional de Escultura do Miño, organizado polos concellos de Tomiño e Cerveira, no pasado mes de outubro, están xa colocadas no seu sitio definitivo: o exterior do Centro de Saúde de Tomiño. A zona axardinada da parte dianteira do edificio conta, dende hai uns días, de dúas obras de arte de moito nivel, que realzan a instalación na súa totalidade.
 





Trátase das esculturas en mármore dos artistas taiwaneses Lee, Zih-Cing e Teng e Shan-Chi (Taiwán), os que, coordinados polo artista luso Vítor Reis, e xunto a Fernando Pinto (Colombia) e Liliya Pobornikova (Bulgaria), formaron o grupo de escultores convidados a traballar nas súas obras durante tres semanas, á vista do público.

A parella taiwanesa Lee, Zih-Cing e Teng, Shan-Chi, elaborou as obras "Cycle password" e "Dragão", respectivamente. Estas son as dúas que agora pasaron a formar parte do patrimonio artístico de Tomiño, como foran hai uns anos as do primeiro simposium, celebrado no Espazo Fortaleza, e que adornan na actualidade a remodelada Praza do Seixo.

Os catros artistas esculpiron as súas creacións en Vila Nova de Cerveira, fronte ao Baluarte de Santa Cruz, preto do río Miño e do parque do Castelinho.
Pobornikova, realizou a composición "Spring", que xunto á obra de Pinto, "Puerta rosa", quedou en Cerveira.

Moitas foron as persoas que durante tres semanas achegáronse para ver aos artistas crear as súas obras en grandes bloques de pedra, a maioría mármore, dos que foron sacando formas , volumes e figuras sorprendentes.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, salientaron no seu momento a importancia de "achegar a arte á rúa", e lembraron que, tanto Cerveira coma Tomiño, son terras de artistas e comparten un patrimonio común.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones