Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acolle este venres a Proxección -Camilo: o último guerrilleiro de Galicia-

Na sala de conferencias do edificio San Domingos, que está situado na Alameda de Tui, ás 20 horas do día 28 de abril.

Na sala de conferencias do edificio San Domingos, que está situado na Alameda de Tui, ás 20 horas do día 28 de abril.

Fecha: 28 de Abril de 2017

Fuente: Instituto de Estudos Agrarios

28 de abril 2017, proxección en Tui do documental: "Camilo: o último guerrilleiro de Galicia"

O Movemento Social organizado en sociedades e sindicatos agrarios desenvolveu, na tres primeiras décadas do pasado século XX, esforzos inxentes na procura de melloras e transformación dunha realidade social, inxusta e excluínte. Sociedade na que a maioría da poboación galega vivía nun medio rural sometido a cargas impositivas, como os foros e outras rendas feudais, aínda existentes nesa altura; unhas cargas que, residuos dun mundo señorial, aínda tiñan que soportar mulleres e homes empobrecidos que se vían abocados á emigración cara América.

En Sobredo, en 1922, prodúcese unha tráxica manifestación da represión por parte dos que, amparados nunha xustiza e forzas da orde au seu dispor, aínda pretenderon manter unha orde social señorial, anacrónica e xa desfasada.

Fronte a ese pasado agromou unha nova realidade que loita pola eliminación de foros e procura mellores condicións de vida; contando para iso cos escasos recursos que aporta a terra e coas remesas que chegan dos emigrados; organizándose en entidades asociativas coas que:
promover construción de escolas; adquirir sementes e maquinaria agrícola; demandar construción e melloras de camiños, vías de comunicación imprescindibles para por nos mercados os produtos; etc.

Todo isto foi derrubado co golpe de estado do ano 1936; a guerra e dura represión que seguiu ao golpe militar esfarelou todo esforzo de transformación social; e, cunha sentenza de damnatio memoriae, foi quen de eliminar todo canto lembrase ese esforzo, fosen persoas, monumentos, institucións ou os seus edificios.

Así e todo houbo persoas que mantiveron a loita polos valores republicanos; unha mostra desa loita é Camilo: o último guerrilleiro de Galicia. A súa vida recollese nun documental que en palabras dos seus autores:

"Camilo: o último guerrilleiro de Galicia nace do sentido do deber para coa memoria democrática, (...).

Neste marco, vemos en Camilo de Dios non só ao último guerrilleiro vivo de Galicia, senón a unha traxectoria histórica continuada que vai dende a formación do movemento obreiro e campesiño na Limia até os nosos días: a persecución, a supervivencia, o afastamento familiar e mesmo a morte forman parte dunha vida movida polos soños dun mundo mellor."

O IEAMSo (Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo) naceu co obxectivo de manter vivos na memoria os sucesos acontecidos en Sobredo en 1922, enmarcados na loita agraria e que rematarían coa redención dos foros, difundir o coñecemento destes feitos e situar esa loita e ese movemento asociativo na actualidade. Desexamos traer Sobredo á actualidade e reivindicarmos os valores solidarios e construtivos na procura dunha vida máis xusta que moveron á sociedade daquela época.

Para mantermos vivos estes valores, coñecermos o noso pasado e sabermos quen somos na actualidade, organizamos a proxección de
"Camilo: o último guerrilleiro de Galicia; para a que contamos coa participación dos autores do documental.

Invitámosvos a participar e agardámosvos na sala de conferencias do edificio San Domingos, que está situado na Alameda de Tui, ás 20 horas do día 28 de abril.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones