Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acolle este venres o inicio da xira da nova montaxe do Centro Dramático Galego, -Tartufo-

Trátase dunha comedia de enredos, pero tamén unha porta aberta á reflexión sobre as aparencias, a hipocrisía e a honestidade que chega este venres á cidade

Trátase dunha comedia de enredos, pero tamén unha porta aberta á reflexión sobre as aparencias, a hipocrisía e a honestidade que chega este venres á cidade

Fecha: 21 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 21 de outubro, ás 21:30h o inicio da xira galega do Centro Dramático Galego coa súa última montaxe "Tartufo",  revisión da obra escrita por Moliére no século XVII.

Dirixida por Carles Alfaro, a representación levaranos a descubrir a historia dun home que finxe ser alguén que non é para conseguir algo que non lle coresponde. Tartufo (Alejandro Saá) influirá a Orgón (César Cambeiro) e a súa nai, Madame Pernelle (Casilda Alfaro), membros da alta burguesía parisiense, co fin de ficar con todos os seus bens. Ao mesmo tempo, para completar a súa impostura, buscará casar coa filla de Orgón, Mariana (Marta Lado) á vez que seduce a súa muller, Elmira (Antela Cid).  A trama complicarase, se cabe, aínda máis, segundo vaia avanzando e descubramos a existencia da filla de Orgón, Damis (Patricia Torres), da irmá de Elmira, Cleanta (Mónica García) e do namorado de Mariana, Valerio (Xoán Fórneas). Unha comedia de enredos que conta cos ácidos comentarios da criada de todos eles, Dorina (Rebeca Montero).

En definitiva, os dez actores subirán ao escenario para representar unha comedia ideada por Moliére, e agora revisitada, que non soamente cumpre a función de divertir aos espectadores, senón que posibilita unha segunda lectura sobre o que pode chegar a suceder cando un farsante se interpón entre o poder e quen o posúe co obxectivo de satisfacer os seus intereses persoais. A obra fálanos, en definitiva, do alcance das aparencias e das súas consecuencias na realidade máis próxima, do perigo de confundir a hipocrisía coa honestidade.

As entradas están á venda na web www.culturatui.info até este venres ás 12h ou dende ás 20.00h do venres no despacho de billetes ao prezo de 8€ e 6€.

Centro Dramático Galego con Tartufo

No Teatro Municipal de Tui

Data: Venres, 21 de outubro, ás 21:30h

Entradas: á venda na web www.culturatui.info até o venres ás 12h ou dende ás 20.00h do venres no despacho de billetes

Prezo:  8€ e 6€.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones