Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI CELEBRA AS LETRAS GALEGAS COA XIX FEIRA DO LIBRO GALEGO

O Paseo da Corredoira de Tui acollerá o próximo martes, 17 de maio, Día das Letras Galegas, a XIX Feira do Libro Galego

O Paseo da Corredoira de Tui acollerá o próximo martes, 17 de maio, Día das Letras Galegas, a XIX Feira do Libro Galego

Fecha: 17 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de Tui

O Paseo da Corredoira de Tui acollerá o próximo martes, 17 de maio, Día das Letras Galegas, a XIX Feira do Libro Galego organizada polo Concello de Tui coa colaboración das librarías Iris, Espazo Lector Nobel e Valverde. De forma paralela terá lugar unha Feira de Antigüidades. A presentación destas dúas actividades tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura, María José González, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e Rosa Alonso e Pilar Fernández da Libraría Iris, Javier Oliveira de Espazo Lector Nobel, e Maruchi Valverde da Libraría Valverde.

A XIX Feira do Libro Galego, que será inaugurada ás 12h, contará con 22 postos de libros en galego a cargo das tres librarías tudenses que ofrecerán as últimas novidades editoriais, clásicos da literatura galega, así coma a obra de Manuel María, autor homenaxeado este ano. Non faltarán tampouco as obras dos escritores tudenses. Ata ás 22h o público poderá mercar os libros cun 10% de desconto.

Ao longo do día celebraranse distintas actividades de animación. Así os nenos poderán participar de 11.30h a 13.30h e de 17.30h a 20.30h nun obradoiro de marcapáxinas e xogos populares a cargo de "En un Tris Tras". Tras o acto de apertura iniciarase unha lectura colectiva de textos de Manuel María na que pode participar todo aquel que o desexe. Ás 12.15h actuará o grupo folclórico "Refaixos e Polainas" de Baldráns, e ás 13.15h será a quenda da Banda de Gaitas "Lembranzas da Terra" de Guillarei. A actividade retomarase ás 16h co "Gran Xogo das Letras Galegas" dirixido a maiores de 6 anos a cargo de Eduvía, para o que é preciso inscribirse previamente na Biblioteca Municipal. Ás 17.30h actuará o grupo de música tradicional Arume de Malvas, ás 18.45h a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos e por último ás 20.30h o grupo portugués de cordas "6TÁS9".

Na presentación o alcalde, Enrique Cabaleiro, salientou o compromiso inequívoco do goberno municipal coa cultura, lembrando que a historia de Tui sempre estivo vinculada á creación artística e literaria. Apuntaba amais que aderezar a feira coa serie de actuacións prevista reforza o seu carácter cultural. Fixo amais o rexedor tudense un convite á visitar a feira o próximo martes.

A concelleira de Ensino e Cultura, María José González, apuntou entre as novidades desta edición a lectura colectiva de textos de Manuel María, o reparto de marcapáxinas deseñados coa programación prevista entre os escolares, así coma a decoración da feira cos murais realizados polos centros educativos para "Tui lee", as láminas elaboradas polo IES San Paio, e cos maios que realizaron os distintos colexios.

Tamén o martes 17 se vai celebrar no mes horario unha Feira de Antigüidades na que segundo o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, se van dar cita más de 50 postos de anticuarios galegos e portugueses no propio Paseo da Corredoira ata a Glorieta de Vigo.

Os representantes das Librarías Iris, Espazo Lector Nobel e Valverde, fixeron unha invitación a achegarse ata feira na que presentarán unha gran variedade de títulos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones