Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui énchese de libros e animación para celebrar o Día das Letras Galegas

Este mércores 17, o Paseo da Corredoira acolle a XXIV Feira do Libro Galego, con actividades dende as 11.30 horas

Este mércores 17, o Paseo da Corredoira acolle a XXIV Feira do Libro Galego, con actividades dende as 11.30 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Mayo de 2023

Fuente: Concello de Tui

Este mércores, Día das Letras Galegas, celébrase a XXIV Feira do Libro Galego no Paseo da Corredoira de Tui. Nela participarán as librarías Iris e Nobel con 13 postos de exposición e venda de libros, nos que haberá un 10% de desconto.

A concellería de Ensino e Cultura, que dirixe Sonsoles Vicente, elaborou un amplo e variado programa de actividades a celebrar ao longo da xornada para dinamizar esta feira do libro e para a promoción das nosas letras, a cultura e a lingua de Galicia nesta celebración do 17 de maio.

A programación comeza ás 11.30 horas coa lectura do pregón a cargo da escritora tudense Beatriz de Saracho, que vén de publicar estes días a súa primeira novela “La llave de plata” no selo Martínez Roca da Editorial Planeta. Beatriz de Saracho é mestra de Educación Infantil nunha das aulas do CRA “Mestra Clara Torres” de Tui, onde cada día os seus alumnos lémbranlle que existen moitas formas de facer maxia. Como ela mesma afirma, a lectura sempre a acompañou e por iso un día decidiu que era o momento de devolverlle o favor en forma de historias.

Ás 12.00 horas a compañía de monicreques Viravolta presenta “A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón”, espectáculo clásico do teatro de marionetas popular no que empregan un retablo, unha guitarra e monicreques de luva para contar os namoramentos da falangueira filla do zapateiro e un príncipe sabichón. A representación, indican dende a compañía, a levan a cabo “tal e como nos chegou nas lembranzas da máxica velada do 6 de xaneiro de 1923 na que Federico García Lorca, Manuel de Falla e Hermenegildo Lanz agasallaron á familia e os veciños na casa do poeta”.

As actividades continúan ás 18.30 horas co espectáculo “A maxia nas letras” a cargo do mago tudense Samuel Moreno, que conta cunha ampla traxectoria que o levou a participar como concursante en “Got Talent” ou presentar o seu espectáculo “Why Not” no teatro OFF Latina de Madrid, e posteriormente en numerosas salas por toda España. O mago promete diversión neste espectáculo onde a participación do público é fundamental, tendo a oportunidade de presenciar a maxia en primeira persoa.

De seguido o Paseo da Corredoira será escenario da actuación da Banda de Gaitas A Insua da parroquia tudense de Caldelas con varios pasarrúas e a interpretación de diversas pezas folclóricas para animar ás últimas horas desta nova edición da Feira do Libro Galego de Tui.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, sinala que a celebración desta nova edición da feira do libro é “unha fermosa oportunidade para celebrar o Día das Letras Galegas cunha proposta de actividades que arredor da nosa lingua e a nosa cultura que ofrece o Concello de Tui dirixidas a todas as idades”. Lembra que estas actividades forman parte da programación “Tui en letras” que abrangue os meses de abril, maio e xuño e que conta co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí