Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TURISMO RÍAS BAIXAS ACOLLE UN CURSO SOBRE A PEGADA DOS TEMPLARIOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

os participantes no curso realizarán visitas in situ a espazos relacionados coa pegada dos templarios na provincia de Pontevedra entre os que atopamos Oia e Baiona

os participantes no curso realizarán visitas in situ a espazos relacionados coa pegada dos templarios na provincia de Pontevedra entre os que atopamos Oia e Baiona

Fecha: 23 de Octubre de 2015

Fuente: depo.es

O deputado delegado de turismo, Santos Héctor, deu a benvida ós máis de 60 participantes e destacou a importancia do turismo temático para a desestacionalización da demanda do destino Rías Baixas

Entre os días 22 e 24 de outubro de 2015 a sede de Turismo Rías Baixas no Palacete das Mendoza acolle o curso "A pegada dos templarios na provincia de Pontevedra", dirixido a guías especializadas de Galicia, técnicas e técnicos de turismo e público do sector turístico en xeral.

O deputado provincial delegado de turismo, Santos Héctor, foi o encargado de dar a benvida ós máis de 60 participantes no curso, destacando a importancia do turismo temático para a desestacionalización da demanda turística do destino Rías Baixas e subliñando o enorme interese que os símbolos templarios, dos que hai boa mostra na provincia de Pontevedra, espertan entre os visitantes. Pero non so entre os turistas hai interese na temática templaria e así, Santos Héctor, destacou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, escribiu un libro sobre a materia titulado "La elipse templaria".

Durante a xornada do 22 de outubro tivo lugar un relatorio a cargo de Beatriz Cebrián Ramos, Licenciada en Xeografía, Historia e Arte, sobre a historia e lenda dos templarios así como sobre os templarios en Galicia e na provincia de Pontevedra, facendo fincapé na mística e simboloxía.

O 23 de outubro, os participantes no curso realizarán visitas in situ a espazos relacionados coa pegada dos templarios na provincia de Pontevedra entre os que atopamos Oia e Baiona.

A última das xornadas terá lugar o sábado 24 de outubro e nela participará o xornalista, director de culturagalega.org, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e editor da bitácora "Capítulo 0: Las órdenes religiosas en Galicia en la Edad Media: sus Monasterios", Manuel Gago Mariño. Para rematar o curso terá lugar unha visita á Igrexa de Castrelos de Vigo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones