Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Última visita teatralizada este xoves polo casco histórico da Guarda

O Calendario de visitas teatralizadas polo casco histórico da Guarda chega este xoves ao seu fin coa última cita coa compañía dos Quinquilláns ás 21:00h dende a Praza do Reló.

O Calendario de visitas teatralizadas polo casco histórico da Guarda chega este xoves ao seu fin coa última cita coa compañía dos Quinquilláns ás 21:00h dende a Praza do Reló.

Fecha: 30 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Calendario de visitas teatralizadas polo casco histórico da Guarda chega este xoves ao seu fin coa última cita coa compañía dos Quinquilláns ás 21:00h dende a Praza do Reló.

As visitas teatralizadas congregaron xa a centos de persoas nas anteriores 6 citas levadas a cabo dende o pasado 5 de xullo, nunha actividade na que se mistura o contido histórico, a amenización musical e o bo facer dos Quinquilláns.

Dende a Concellería de Cultura convídase a toda a cidadanía e aos visitantes a que participen e aproveiten esta última oportunidade das visitas teatralizadas 2018, para coñecer un pouco da historia da nosa vila, dun xeito moi divertido e ameno.

Baixo o concepto "De alén mar para A Guarda" e enmarcado nas conmemoracións do 100º aniversario da creación da xunta organizadora para a construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, as visitas teatralizadas deste verán toman coma fonte o libro "Hospital Casa-Asilo de A Guarda(1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico", obra do historiador local Joaquin Miguel Villa Álvarez.

Esta actividade amosa á cidadanía a nosa historia e patrimonio dun xeito ameno e diferente, conxugando a técnica teatral coa divulgación do noso pasado, involucrando aos participantes e facéndoos partícipes neste espectáculo. As visitas, realizadas pola compañía Os Quinquilláns, percorren o centro histórico, comezando ás 21.00h. na Praza do Reló, e seguindo pola rúa Colón, rúa Baixo Muro, rúa José María Lomba Peña, rúa Malteses, para chegar ó Porto da Guarda.

Os actores protagonistas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, dan vida a dous personaxes influentes da Guarda de 1918. Nese momento, coincidindo coa toma de decisión da construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, actual edificio que alberga hoxe en día as instalacións do Centro Cultural na Rúa Rosalía de Castro do municipio.

A través deste fío condutor, a compañía fai unha intensa labor de contar como foi o proceso da creación desta xunta organizadora en Puerto Rico. Pero por se isto fora pouco, o espectáculo agocha sorpresas musicais, que variarán cada xoves.

Esta actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones