Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Últimos días de inscricións para participar na III Mostra Creativa do Baixo Miño

A inscrición será de balde e estará aberta ata o día 27 de xullo.

A inscrición será de balde e estará aberta ata o día 27 de xullo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Julio de 2023

Fuente: Concello da Guarda

  • O Concello da Guarda, xunto a un grupo de artesáns e persoas deseñadoras do Baixo Miño, organizarán por terceiro ano consecutivo a Mostra Creativa do Baixo Miño, que terá lugar o sábado 29 de xullo na Praza de Avelino Vicente (As de Copas).
  • No evento poderán participar persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca. A inscrición será de balde e estará aberta ata o día 27 de xullo.

 

O Concello da Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.

 

Ao igual que o ano pasado, a Mostra coincidirá en data coa Festa do Peixe Espada, polo que existirá unha programación de actividades conxunta e que complemente a ambos eventos. Desde o Concello queremos agradecer a boa disposición para sumar esforzos de ORPAGU e establecer lazos de colaboración.

 

Invitamos a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que revisen as bases publicadas no taboleiro de anuncios (https://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2023/04/20230411_Resolucion_DECRETO-2023-0565-DECRETO-DE-ALCALDIA-DE-APROBACION-DE-BASES-III-MOSTRA-CREATIVA.pdf) cubran a ficha de inscrición (https://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2023/04/20230411_Ficha-de-inscripcion-2023.docx ) e a envíen ao correo electrónico mostracreativabm@gmail.com

Xa son máis de 20 os inscritos para esta terceira edición, entre eles:  Acontravento(roupa), Anxo Ferreira (cantería), Vikensen (madeira), Merino Coqueta (Fieltro e lá), Little Vero (roupa), Vargas Lemos (xoieria), Mar.jewelrin (xoieria), Coco bisutería (xoieria), Sapone di Principesca (cosmética natural), É Fish (xoieria), Marina Alonso San Miguel (ilustracións), Sapoconcho (ilustracións), Tullavecord accesorios (en madeira, resina, etc.), Cuchituras design (accesorios para o pelo), La casa taller (pintura), Pazosketchbook (pintura), Luc&Luc (roupa), Sil Domínguez (roupa),  Breaktime (Ilustración sobre prendas) e Lana (Amigurumis).

 

Un dos obxectivos da iniciativa, que tivo a súa primeira convocatoria no 2021, é acadar que a Mostra se poda consolidar como un evento de referencia e con periodicidade anual onde mostrar o gran talento que temos no Baixo Miño. Por isto convidamos a todas as persoas deseñadoras, marcas e artesáns da nosa comarca que desexen participar a que aproveiten os últimos días que restan de inscrición e cubran a ficha de inscrición e a envíen ao correo electrónico mostracreativabm@gmail.com

PROGRAMACIÓN:

Sábado 29 de xullo de 10:30h a 15:30h e de 18:30h a 22:00h

11:00h – Obradoiro infantil con caricaturista*

13:30h – Pasarrúas co Trebón dos Xidos dende a Praza de Avelino Vicente ata o Porto*

18:30h – Obradoiro infantil de xoguetes realizados con materiais de refugallo a cargo de Diviertte

19:30h – Concerto de Rock&Roll de Castro & Los Escoltas

*Actividades integradas na Festa do Peixe Espada

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí