Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Últimos días para que a cidadanía propoña nomes para a nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo

O Concello invita a todos os tomiñeses e tomiñesas a enviar as súas ideas ata o 15 de xaneiro a través da web ou dúas caixas colocadas no mercado e na Casa Consistorial

O Concello invita a todos os tomiñeses e tomiñesas a enviar as súas ideas ata o 15 de xaneiro a través da web ou dúas caixas colocadas no mercado e na Casa Consistorial

Fecha: 14 de Enero de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Últimos días para que a cidadanía de Tomiño envíe propostas para bautizar á nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo, unha vía que permitirá eliminar o tráfico de paso polo centro urbano da vila. Ata o vindeiro 15 de xaneiro todas as persoas interesadas poderán achegar as súas ideas de forma virtual a través do espazo habilitado na web do concello ou de forma presencial enchendo unha tarxeta con nome e deixándoa na caixas instaladas no Mercado Municipal de Tomiño e na propia Casa Consistorial.

Esta iniciativa forma parte da campaña ‘Ponlle nome!', un proceso participativo a través do que se invita a todos os tomiñeses e tomiñesas a colaborar na proposta e elección do nome que levará esta nova estrada. "Queremos que a cidadanía sinta esta infraestrutura como súa e unha boa forma de implicala é deixar nas súas mans incluso o nome que se lle vai poñer a esta nova vía. Estamos convencidos de que esta infraestrutura vai ser unha mellora para todas as persoas que viven en Tomiño e parécenos fundamental que a xente se involucre con ela dende o principio", asegura a alcaldesa da vila, Sandra González.

Próximas fases: selección e votación
Tras o remate da fase de recepción de propostas, que comezou o pasado 7 de decembro, un tribunal composto por persoas expertas encargarase de analizar todas as propostas recibidas e de facer unha selección de todas aquelas ideas que cumpran criterios como respecto ou orixinalidade, entre outros.

O vindeiro 21 de xaneiro de 2019 abrirase o prazo de votación popular para que a cidadanía complete o proceso de elección escollendo o seu nome favorito entre todas as propostas presentadas. Todos os tomiñeses e tomiñesas poderán depositar o seu voto novamente de forma presencial nunha caixa instalada para tal fin nas dependencias do mercado municipal e da Casa do Concello ou de forma online a través do espazo dedicado a esta iniciativa na web municipal. Os veciños e veciñas poderán votar ata o 28 de febreiro de 2019.

Un espazo pensado para as persoas
Con ‘Ponlle nome!', o Concello de Tomiño quere darlle voz e voto á cidadanía nunha das obras máis importantes do municipio, xa que materializan un proxecto reclamado historicamente polo Goberno municipal e levan consigo a transformación do centro da vila cara un espazo público pensado para as persoas, no que a mobilidade peonil e sustentable sexa unha prioridade, con accesibilidade universal e xerando unha maior calidade de vida urbana.

Esta nova avenida rodeará o núcleo do Seixo e permitirá eliminar o tráfico de paso do centro urbano. Cunha lonxitude de 1.400 metros, enlazará a estrada provincial EP-3102 polo Sur e a PO-344 (rúa Gondomar) polo Norte, dando unha saída natural á avenida da República Arxentina e rúa da Pedra cara o Leste do núcleo, e enlazando o municipio coa futura Vía de Alta Capacidade (VAC) Tui-A Guarda. Esta variante enlazará os equipamentos situados na estrada provincial, como o CEP Pedro Caselles, a área deportiva de Mosteiro e a igrexa románica de Tomiño con novos equipamentos como o centro de saúde, o centro de día e mesmo o IES Antón Alonso Ríos, desviando do núcleo urbano uns 10.000 vehículos.

A vía terá unha sección de 18 metros, dos que seis estarán destinados a unha senda peonil e ciclista con arborado, mentres que a calzada terá dous carrís para o tránsito rodado coas súas correspondentes beiravías. Con cinco rotondas e unha vintena de pasos de peóns sobreelevados para distribuír e calmar a circulación e garantir a seguranza viaria, a nova avenida estará delimitada a unha velocidade máxima de 30 km/h.

Cun investimento de 3,5 millóns de euros, a construción da nova avenida de Tomiño é un proxecto levado a cabo grazas ao convenio de colaboración entre Concello de Tomiño, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones