Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Últimos días para reservar praza para o concerto gratuíto de Oscar Ibáñez do sábado en Oia

A inscrición pode facerse no correo electrónico cultura@concellodeoia.es no teléfono 986 362 125 ou na oficina de turismo ata o venres

A inscrición pode facerse no correo electrónico cultura@concellodeoia.es no teléfono 986 362 125 ou na oficina de turismo ata o venres

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Oia

O vindeiro sábado 31 de xullo Oscar Ibáñez & Tribo presenta o seu espectáculo “Porteláns” en Oia a través da Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración do Concello de Oia. A cita será ás 21h na Eira do Convento, para a que haberá que reservar entradas a través do correo electrónico cultura@concellodeoia.es, o teléfono 986 362 125 ou na oficina de turismo. O prazo de inscrición remata este venres ás 13.00 horas.

 

Para este concerto a banda Oscar Ibáñez & Tribo estará integrada por excelentes músicos de longa e recoñecida traxectoria como Sara Formoso (Circo del Sol), acordeón; Paula Gómez (Triguiñuelas, Xosé Liz Cuarteto), violín; Carlos Calviño (Roi Casal), guitarra; Paco Dicenta (Mercedes Peón), baixo; e Carlos Castro (Fía na Roca), batería e percusión. No espectáculo Porteláns colaboran ademais Pepe Romero, Jorge Maño e Adrián García (Banda de Gaitas Suevia), Daniel García e Álvaro Rúa (Banda de Gaitas Nova Era) e a xilofonista Carla Villanueva.

 

O espectáculo “Porteláns” foi creado especialmente en 2020 para conmemorar o centenario do nacemento do célebre Gaiteiro de Viascón Ricardo Portela. Neste espectáculo Oscar Ibáñez & Tribo percorre o repertorio máis característico de Ricardo Portela dende una perspectiva actual aportando arranxos musicais novos e frescos así como a incorporación os timbres da frauta, o violín, o acordeón, a guitarra, o baixo, a batería ou o xilófono á sonoridade das gaitas e a percusión tradicional, propia e única na estética do cuarteto de gaitas característico en Ricardo Portela.

 

A actualización deste xeito do repertorio portelán constitúe un importante fito porque é a primeira vez que se realiza un espectáculo monográfico baseado no repertorio de Ricardo Portela. Ademais, permite traer ao noso tempo a música tradicional nun formato moderno e de altísima calidade presentado dun xeito que resulta atractivo para todos os públicos, e que á vez contribúe á posta en valor dun dos máis grandes referentes da gaita galega de todos os tempos.

 

Oscar Ibáñez

 

Oscar Ibáñez é un gaiteiro e frautista fascinante que realiza unha fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camiño entre investigación e creación, que ten como resultado un novo e único son. Na súa traxectoria como solista publicou os discos “Alén do mar” (VIR, 2012) e “Aires de Pontevedra” (Inquedanzas Sonoras, 2017) alén doutros traballos de investigación como os libros-CD “Os Montes de Lugo” (Ouvirmos, 2007), “O Quinteto Monterrey” (Dos Acordes, 2009) ou “Xoán Tilve Gaiteiro de Campañó” (aCentral Folque, 2015).

 

A gran calidade da súa banda de directo Oscar Ibáñez & Tribo foi recoñecida en máis de 200 concertos por toda a Península Ibérica, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais internacionais máis importantes como: Festival Intercéltico de Lorient (Lorient, Bretaña); Festival Capodanno Céltico (Milán, Italia); Festival Internacional da Máscara Ibérica (Lisboa, Portugal) ou o Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Ortigueira, Galicia), entre outros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones