Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UN CICLO DE BARFERENCIAS INAUGURA A CAMPAÑA DE ESCAVACIÓN NO CASTRO DE CHAVELLA

Todas as barferencias comezan ás 20:00h, son gratuítas e non é necesario inscribirse

Todas as barferencias comezan ás 20:00h, son gratuítas e non é necesario inscribirse

Fecha: 26 de Mayo de 2016

Fuente: Costa dos Castros

Este xoves 12 comeza o ciclo de charlas -Conversas arqueolóxicas na Costa dos Castros- que terán lugar ao longo de maio en varios bares de Oia.

Estas "barferencias" inauguran a nova campaña de escavación no castro oiense de Chavella, que o equipo arqueolóxico agarda comezar nos próximos días. Ofreceranse visitas guiadas gratuítas aos traballos arqueolóxicos no castro todas as fins de semana durante a campaña.

O ciclo de barferencias arranca este xoves en A Terraza do Mosteiro, que se atopa na Casa Cultural de Oia. A conversa é a cargo de Carlos Otero, o director arqueolóxico da escavacións no castro de Chavella, e vai poñer o público ao día dos resultados da primeira escavación no xacemento, en outubro de 2015. Co título "Chavella: a lenda do nome sen cidade", Otero vai indagar nos enigmas que suscitou a escavación no castro.

Durante a fin de semana, a escavación en Chavella xa estará aberta ao público. Todos os sábados e domingos a partir do 14 de maio ata o 5 de xuño ofrecerase ás 12:00 do mediodía unha visita guiada ao xacemento a cargo de Xosé Gago. Ademais das visitas guiadas, a escavación sempre estará aberta a curiosos e visitantes.

Segue o ciclo de barferencias o mércores 18 de maio na Casa da Henriqueta, desta volta a cargo de Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra. Na súa charla "Unha de romanos... ou outra de castrexos?" vai ofrecer novas interpretacións sobre o castro de Santa Trega, onde estivo dirixindo a última escavación.

A terceira e última barferencia será o xoves 26 de maio na cafetería A Riña. Nesta charla, "A serra do Ouro", o arqueólogo e profesor Gustavo Pascual Hermida vai dar a coñecer ao público as súas últimas investigacións sobre a minería antiga na Serra da Groba.

Todas as barferencias comezan ás 20:00h. Tanto as barferencias como as visitas guiadas a Chavella son gratuítas e non é necesario inscribirse. Están organizadas pola Asociación Costa dos Castros coa colaboración do Concello de Oia e a Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones