Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Un obradoiro de ilustración, contacontos e unha ruta literaria son parte das actividades coas que Tui celebra o -Día da Biblioteca-

Está organizadas pola Biblioteca Pública Municipal ao longo de todo o mes

Está organizadas pola Biblioteca Pública Municipal ao longo de todo o mes

Fecha: 17 de Octubre de 2019

Fuente: Concello de Tui

Un obradoiro de ilustración, contacontos e unha ruta literaria forman parte do programa co que se conmemora en Tui o "Día da Biblioteca", que se celebra o 24 de outubro. O programa organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui vaise desenvolver ao longo do presente mes de outubro con diversas actividades de animación á lectura.

A primeira cita ten lugar hoxe xoves, ás 20 h, coa presentación do libro "A invención da Gallaecia e a minaría do ouro" de Óscar Pazos Rodríguez na Sala Félix Rodríguez.

As seguintes citas, os xoves 10, 17 de 24 deste mes, terán lugar na propia biblioteca dirixidas a público infantil.

Así o xoves, 10 de outubro, ás 17.30 h, celebrarase un obradoiro de ilustración titulado "Rachando gaiolas" co ilustrador Xosé Tomás. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas con idades entre os 8 e os 12 anos. Cómpre inscrición previa na propia biblioteca. Xosé Tomás é un dos referentes da ilustración en Galicia. Ilustrador, humorista gráfico, e profesor no Baixo Miño o seu campo de traballo abrangue diversos ámbitos pero a maioría da súa obra sitúase na ilustración para obras de literatura infantil e xuvenil.

O xoves, 17 de outubro, ás 18.00 h, desenvolverase o espectáculo "A música da auga" co Bardo Abelardo. Trátase dun conto cantado no que se pon en valor a importancia fundamental da parte feminina das nosas vida: a auga, a terra, a tenrura, a paz e a solidariedade para acabar con todo tipo de violencias. Está dirixido a rapaces e rapazas de ata 11 anos. A entrada será libre ata completar a capacidade do local.

O xoves, 24 de outubro, Día da Biblioteca, ás 18.00 h terá lugar a actividade "A pirata escarlata" con Marisa Irimia, ilustradora, contacontos e animadora da lectura. Esta actividade trata de rapazas que capitanean perigosos barcos piratas, rapaces que pilotan naves espaciais, nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas. Vai dirixido a nenas e nenos de 4 a 11 anos de idade.

Estas tres actividades pertencen ao programa de animación á lectura Ler Conta Moito e ao Pacto de Estado en contra da violencia de xénero.
Por outra parte na semana do luns 21 ao domingo 27 de outubro a Biblioteca Municipal tudense ofrecerá un agasallo de libros descatalogados ou procedentes de doazóns a todos os usuarios que se acheguen ata este centro bibliotecario.

O programa de actividades de animación á lectura remata cunha proposta para mozos e maiores. Será o sábado, 26 de outubro, cunha Ruta Literaria guiada pola escritora Marga do Val e o historiador Rafael Sánchez Bargiela. Partirá ás 12 h dende a Biblioteca Pública Municipal para realizar un percorrido por diversos lugares ligados a escritores tudenses, lembrando a súa traxectoria e as súas obras.

Día da Biblioteca
A celebración do "Día da Biblioteca " é unha proposta da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil que xorde no ano 1997 en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflito bélico dos Balcáns. A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia das persoas.

A celebración desta data, á que se suma a Biblioteca Municipal tudense, é unha oportunidade para impulsar entre nenos, mozos e maiores os valores da lectura e da cultura. Tamén pretende destacar a misión das bibliotecas como centros socializadores e integradores e demostrar que os libros están ao alcance de todos os tudenses, pois as bibliotecas son un dos mellores exemplos do cumprimento do mandato constitucional de promover o acceso á cultura a todos os cidadáns.

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Tui anímase á participar nesta oferta de actividades arredor da lectura que enriquecen o abano de propostas culturais da cidade de Tui.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones