Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

UNHA APP GRATUÍTA DÁ A COÑECER A VIDA NOS CASTROS DE SANTA TREGA, VENTOSA E COAÑA

Para información e reservas contactar con reservas@galipat.es ou no teléfono 660 468 394.

Para información e reservas contactar con reservas@galipat.es ou no teléfono 660 468 394.

Fecha: 04 de Junio de 2015

Fuente: Galipat

GaliPat Servizos Culturais acaba de lanzar a aplicación gratuíta EduCastro para tabletas iPad e móbiles iPhone, que permite coñecer como era a vida no castro de Santa Trega (A Guarda, Pontevedra) e nos castros asturianos de Ventosa e Coaña. A app é parte do proxecto EduCastro, financiado polo Ministerio de Cultura, a Consejería de Cultura do Principado de Asturias e o Concello da Guarda.

Esta aplicación achega xogos interactivos e información sobre as comunidades castrexas, a vida a cotío nos castros, a artesanía e as construcións da época, e explica como a arqueoloxía permite saber todas estas cousas, sendo un interesante recurso didáctico complementario das visitas guiadas. Pódese descargar de balde accedendo á AppStore desde www.educastro.es .

Visitas guiadas
Este proxecto educativo céntrase no mundo dos castros do Noroeste da Península Ibérica e oferta para os centros escolares de Primaria e Secundaria que queiran visitar algún destes tres castros un programa que consta de visitas guiadas e obradoiros didácticos.As visitas organizaranse en quendas de dúas horas de duración por cada autobús visitante e están abertas ademais a asociacións e igualmente pode participar nelas o público en xeral realizando unha reserva a través da web www.educastro.es.
As visitas guiadas a Santa Trega son de 45 minutos de duración e continúan cun obradoiro didáctico sobre os modos de vida na Idade do Ferro (s.VIII a.C.-II d.C.). Cada obradoiro adaptarase ás idades e ciclos específicos. Os obradoiros que poderán realizar os grupos de escolares participantes serán: A Muller e a cerámica na Idade do Ferro (terceiro ciclo de primaria); Símbolos do pasado (primeiro e segundo ciclo de primaria) e Cazadora na Prehistoria (Secundaria).
Aula virtual
O proxecto EduCastro complétase cunha plataforma web con aula virtual (www.educastro.es ) á que cada docente poderá acceder para consultar unidades didácticas e recursos para poder traballar co alumnado na aula.
Máis información
Para información e reservas contactar con reservas@galipat.es ou no teléfono 660 468 394.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí