Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Unha exposición repasa os cen anos da historia do Museo Arqueolóxico de Santa Trega

O deputado de Turismo, Santos Héctor, subliña na inauguración que o monte acolleu unha das primeiras cidades de Galicia

O deputado de Turismo, Santos Héctor, subliña na inauguración que o monte acolleu unha das primeiras cidades de Galicia

Fecha: 29 de Julio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado de Turismo, Santos Héctor, acompañado do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, inauguraron onte a exposición "Viaxando pola historia, cen anos do Masat", que recolle unha visión dende os comezos das primeiras escavacións no Monte Trega ante os últimos achados efectuados nas campañas arqueolóxicas da Deputación de Pontevedra.

A mostra recolle unha escolma das principais pezas atopadas en distintas escavacións no Monte Trega e unha serie de paneis nos que se poden percorrer os cen anos da fundación do Museo Arqueolóxico de Monte Trega. O deputado provincial, Santos Héctor, subliñou que o Monte Trega foi "unha das primeiras cidade de Galicia" como o demostran as máis de 44.000 restos arqueolóxicos achados polo equipo de arqueoloxía da Deputación de Pontevedra hai uns meses, entre as que destaca o Cabezón do Trega: unha peza de 15 centímetros de forma antropomorfa de 2.000 anos de antigüidade.

Santos Héctor destacou que esta nova exposición e o propio Masat é un atractivo turístico da vila guardesa, porque o patrimonio cultural e a arqueoloxía son os elementos con maior capacidade de atracción turística da nosa provincia. "De feito, máis da metade das persoas que veñen ata Rías Baixas viaxan ata aquí motivados, principalmente, pola nosa rica historia e polos xacementos arqueolóxicos, entre os que destaca, pola súa dimensión e envergadura, Santa Trega" subliñou o deputado provincial.


O compromiso da Deputación de Pontevedra co xacemento de Santa Trega "é moi claro", salientou Santos Héctor, que cifrou en 450.000 euros as inversións nos próximos meses en consolidar as estruturas e pezas achadas no barrio de Margelina.


A mostra, inaugurada onte, ten unha serie de paneis nos que móstranse diversas fotografías e publicacións dende 1912 cando crease a Sociedade Pro Monte Trega, liderada polo "indiano" Manuel Lomba. Non é ate dous anos despois cando realizase a primeira escavación tras a localización de diversos restos unha vez feitos os traballos da carreteira de subida ao monte en 1913.


En 1917 crease o Museo Pro Monte Trega, tras a localización de 19 moedas achadas nas escavacións como xeito de realizar a exposición destes primeiros restos. Outros paneis mostran toda a evolución do Masat, coas súas localizacións físicas en diversos inmobles de A Guarda ate a actual; todas as persoas que tiveron participación na creación da Sociedade Pro Monte; e outra parte, esta adicada as distintas escavacións realizadas no monte, incluída a máis coñecida do arqueólogo gaditano Margelina, autor do descubrimento do barrio que leva o seu nome, ate as últimas realizadas polo equipo da Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones