Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Unha Feira de Empresas porá este sábado o broche final a -Tecnoimaxín- na Guarda

Nesta edición contarase coa participación de empresas e empresarios da comarca coma Imersys Ceramics, Bonos Bienestar, Coballes, Fernando Coello, Alicerce, Comunica e Randstad.

Nesta edición contarase coa participación de empresas e empresarios da comarca coma Imersys Ceramics, Bonos Bienestar, Coballes, Fernando Coello, Alicerce, Comunica e Randstad.

Fecha: 27 de Octubre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

Na derradeira xornada da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín, a Casa dos Alonsos da Guarda acolle este sábado día 27 de outubro unha Feira de Empresas da comarca cun rasgo innovador, presentada pola Coach e psicóloga social Susana Rodríguez.

Nesta edición contarase coa participación de empresas e empresarios da comarca coma Imersys Ceramics, Bonos Bienestar, Coballes, Fernando Coello, Alicerce, Comunica e Randstad.

Ademáis desta Feira de Empresas, aberta a todo o público entre as 10:00h e as 14:00h na Casa dos Alonsos, tamén realizarase unha Charla sobre «Nova perspectiva nos Recursos Humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica» a cargo de María Caeiro, Conselleira delegada do Grupo Caeiro, que porá o broche final a esta edición de «Tecnoimaxín».

Na xornada deste sábado pola mañá, o grupo Randstad, empresa líder en traballo temporal e recursos humanos, realizará unha recollida de CV´s para as súas bases de datos para posibles vacantes nos diferentes postos que ofertan na actualidade.

A Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño.

O proxecto conta cunha páxina web (www.imaxinaguarda.com) na que se irá ampliando informacións de interese sobre este Feira do Emprego e Formación, que aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

PROGRAMA TECNOIMAXÍN - CONCELLO DA GUARDA


SÁBADO 27 DE OUTUBRO

DURANTE TODA A MAÑÁ 10:00 / 14 horas
Feira de empresas
11:00/12:00 Nova perspectiva nos Recursos humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica
María Caeiro, Conselleira Delegada Grupo Caeiro
Vicepresidenta de M.Caeiro S.A.

Presentacións das empresas: empresas da comarca cun rasgo innovador
Conduce Susana Rodríguez
Coach e psicóloga social

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones