Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UNHA INVESTIGACIÓN DA EPS OPTIMIZA UN CONVERTEDOR DE ENERXÍA DAS ONDAS OWC PROXECTADO PARA INSTALAR NO PORTO DA GUARDA

A tese de doutoramento realizada polo enxeñeiro civil lancarés Iván López Moreira e dirixida por Gregorio Iglesias, mereceu a cualificación de sobresaínte cum laude

A tese de doutoramento realizada polo enxeñeiro civil lancarés Iván López Moreira e dirixida por Gregorio Iglesias, mereceu a cualificación de sobresaínte cum laude

Fecha: 21 de Noviembre de 2015

Fuente: Xornal da USC

As ondas do mar constitúen unha das fontes de enerxía máis prometedoras dentro das enerxías renovables grazas o seu inmenso potencial enerxético e o seu mínimo impacto ambiental. Entre o amplo abano de convertedores para o aproveitamento da enerxía das ondas existentes, os convertedores de columna de auga oscilante, habitualmente coñecidos polo acrónimo inglés OWC (Oscillating Water Column), destacan, entre outras vantaxes, pola súa simplicidade e baixos custos de mantemento.


Os convertedores de columna de auga oscilante (OWC) consisten nunha cámara medio somerxida, xeralmente de formigón, aberta baixo o nivel do mar, e unha turbina de aire. A acción das ondas provoca a oscilación da columna de auga aloxada no interior da cámara (de aí o nome do dispositivo), o que a súa vez forza ao aire atrapado na parte superior da cámara a fluír dentro e fóra da mesma, accionando a turbina no proceso.

Nun convertedor de enerxía das ondas OWC o amortecemento que a turbina exerce sobre as oscilacións da columna de auga é un dos principais factores, senón o principal, que inflúen no rendemento do dispositivo. Neste campo enmárcase a tese de doutoramento titulada ‘Analysis and optimisation of the turbine-chamber coupling in an OWC wave energy converter by means of numerical modelling and laboratory tests cum particle imaging velocimetry', que vén de presentar na Escola Politécnica Superior da USC Iván López Moreira, quen xa cursara a enxeñararía técnica en Obras Públicas no centro universitario lugués.

Neste traballo, López Moreira centrouse en investigar, e finalmente optimizar, o acoplamento turbina-cámara nun convertedor de enerxía das ondas OWC -en particular nun prototipo proxectado para ser instalado no dique do porto da Guarda- co fin de maximizar o rendemento do dispositivo.

A metodoloxía proposta, baseada na combinación de modelaxe física en canle de ondas con velocimetría por imaxes de partículas (PIV) e modelaxe numérica, permitiu determinar o papel dos diferentes parámetros que afectan ao rendemento do convertedor OWC, avaliar a influencia do acoplamento turbina-cámara na hidrodinámica do dispositivo, e definir as características que unha turbina debe cumprir para lograr o acoplamento óptimo coa cámara para, deste xeito, maximizar o rendemento do convertedor OWC.

Tribunal da tese e cualificación
A tese de doutoramento realizada polo enxeñeiro lancarés Iván López Moreira baixo a dirección do catedrático de Enxeñaría de Costas da Universidade de Plymouth, Gregorio Iglesias, desenvolveuse no seo do Grupo de Enxeñaría Civil e Enerxías Mariñas (GICEMA) da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC e mereceu a máxima cualificación de sobresaínte cum laude.

O tribunal encargado da avaliación deste tese de doutoramento no eido da Enxeñaría Civil estivo presidido por Vicente Negro, da Universidade Politécnica de Madrid. José Santos López, tamén da Universidade Politécnica de Madrid; Miguel Ortega, da Universidade de Granada; Mª del Carmen Castillo da Universidade de Castilla-La Mancha, e a profesora da USC Montserrat Valcarcel, que actuou en calidade de secretaria, completaron o tribunal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones