Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Unha Ruta Literaria pecha este sábado os actos do Día da Biblioteca

Sairá ás 17 h do edificio Francisco Sánchez e será por Marga do Val e Rafael Sánchez Bargiela

Sairá ás 17 h do edificio Francisco Sánchez e será por Marga do Val e Rafael Sánchez Bargiela

Fecha: 26 de Octubre de 2019

Fuente: Concello de Tui

Este sábado, 26 de outubro, ás 17 h sairá do edificio "Francisco Sánchez" sede da Biblioteca tudense unha Ruta Literaria coa que se pecha o programa de actos desenvolvido ao longo do mes para conmemorar o Día da Biblioteca. A ruta estará dirixida pola escritora Marga do Val e polo responsable do centro bibliotecario tudense e historiador, Rafael Sánchez Bargiela.

No seu percorrido, que rematará na Catedral, os participantes desprazaranse por diversos lugares da cidade relacionados con personalidades do mundo literario e cultural. Así a ruta pasará polo barrio do Rollo, onde se situaba a casa familiar da familia Álvarez Limeses e onde iniciaron a súa andaina literaria Xosé María e Emilio Álvarez Bláquez, o Seminario Conciliar onde estudaron autores como Teodosio Besteiro Torres ou Camilo Bargiela, para continuar polo monumento ao arcebispo Lago (na rúa Ordoñez obra de Xoán Piñeiro) que posúe un notable conxunto de poemas en lingua galega, sen esquecer nomes como, entre outros, Camilo José Cela, Faustino Rei Romero, Manuel María ou Eliseo Alonso aos que se lembrará ao longo do traxecto desta ruta literaria.

Con esta actividade a Biblioteca Pública Municipal tudense tenta achegar un amplo e escasamente coñecido acervo cultural que a nosa cidade agocha; as vellas rúas tudenses teñen inspirado a numerosos escritores, tanto de Tui como foráneos, moitas páxinas de creación literaria que agora se pretende achegar aos veciños e lectores. Esta visita é unha primeira etapa doutras novas rutas que no futuro se realizarán ofrecendo novos autores e novos textos.

A celebración do "Día da Biblioteca" é unha proposta da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil que xorde no ano 1997 en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada no ano 1992 durante o conflito bélico dos Balcáns. A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da Biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia das persoas.

A celebración desta data, á que se suma a Biblioteca Municipal tudense, é unha oportunidade para impulsar entre nenos, mozos e maiores os valores da lectura e da cultura e destacar a misión das bibliotecas como centros socializadores e integradores e demostrar que os libros están ao alcance de todos os tudenses, pois as bibliotecas son un dos mellores exemplos do cumprimento do mandato constitucional de promover o acceso á cultura a todos os cidadáns.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones