Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Unha tempada de praia exitosa e sen incidentes marcou este verán guardés

As praias da vila tiveron unha completa posta a punto no mes de xuño, no que se realizou unha exhaustiva limpeza manual.

As praias da vila tiveron unha completa posta a punto no mes de xuño, no que se realizou unha exhaustiva limpeza manual.

Fecha: 13 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A máis que favorable meteoroloxía dos meses de xullo e agosto, así como as fermosas e variadas praias que se poden atopar na costa guardesa, contribuíron a que esta fora unha das mellores tempadas para o turismo e as praias da vila do Baixo Miño.

A Guarda conta con numerosos atractivos entre os que destacan as súas praias, tendo a posibilidade de relaxarnos xunto ó río ou ó mar. Ademais conta con dous areais con bandeiras azuis: a praia de Area Grande e a do Muíño, xunto á desembocadura do río Miño. Estas están unidas por un sendeiro litoral que é un dos 11 recoñecidos como sendeiros azuis na provincia de Pontevedra e que une os dous areais, e o mar e o río, nunha ruta de gran beleza natural.

Para poder manter os estándares de calidade, as praias da vila tiveron unha completa posta a punto no mes de xuño, no que se realizou unha exhaustiva limpeza manual. Esta limpeza é moito máis custosa pero tamén moito mellor en termos de conservación medioambiental. O sistema que se empregou consistiu na acumulación de lixo en montes ou en sacos, segundo o tamaño dos fragmentos, para que logo un tractor fixera o traslado ata o punto de recollida do camión. En ningún caso se utilizan sistemas mecánicos de rastrillado da area. Con isto se conseguiu un uso da praia e do seu entorno no que a xente pode gozar da natureza con criterios de sostibilidade medioambiental.

Ademais, as dúas praias de bandeira azul contaron con servizo de socorrismo dende finais de xuño, que continuou ata o domingo 11 de setembro. As súas bandeiras azuis poñen de manifesto a calidade destas praias en canto ás augas de baño, a información e educación ambiental, a xestión ambiental e seguridade, así como os servizos e instalacións. Trátase, pois, dunhas das mellores praias da xeografía galega que nestes meses de verano visitaron, e aínda seguen a facelo, milleiros de persoas, nunha tempada que se desenvolveu de maneira satisfactoria e sen incidentes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones