Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UNHA VINTENA DE VECIÑOS E VECIÑAS DA GUARDA PARTICIPARON NA CHARLA INFORMATIVA SOBRE -FAMILIAS DE ACOLLIDA-

A charla contou coa presenza de, Rebeca Bastón, psicóloga e Concepción Fernández, traballadora social e responsables do programa de acollemento de Cruz Vermella ademais de unha nai de acollida.

A charla contou coa presenza de, Rebeca Bastón, psicóloga e Concepción Fernández, traballadora social e responsables do programa de acollemento de Cruz Vermella ademais de unha nai de acollida.

Fecha: 21 de Noviembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

Unha vintena de veciños e veciñas guardeses participaron onte na charla informativa sobre o programa "Familias de Acollida". Esta iniciativa, organizada polo Concello da Guarda e Cruz Vermella, tivo coma obxectivo presentar e dar a coñecer este programa para animar a que se participe nel.

A charla contou coa presenza de, Rebeca Bastón, psicóloga e Concepción Fernández, traballadora social e responsables do programa de acollemento de Cruz Vermella ademais de unha nai de acollida.

Concepción Fernández comezou a xuntanza cunha pequena introdución do que é realmente o programa de familias de acollida e a situación dos nenos e nenas que forman parte deste. A traballadora social recoñeceu que o proceso para que unha familia sexa apta é longo, pero que a satisfacción final por poder estar axudando a un neno ou nena supera ao inicio.

Fernández contoulle aos presentes cales serían os requisitos para que unha familia puidera unirse a este plan e o que máis salientou foi a naturalidade e a normalidade como principais características. O que se busca, afirmou, é que o neno ou nena viva nun núcleo familiar. A traballadora da Cruz Vermella tamén contou diferentes experiencias de familias acolledoras.

Tras ela falou a nai acolledora quen contou que xa tivo a cinco bebés na súa casa. "Formar parte deste programa é unha experiencia moi enriquecedora e positiva", declaroulle aos presentes, e non dubidou en animalos a formar parte das "Familias Acolledoras".

Tras dúas horas de charla, as traballadoras da Cruz Vermella pedíronlle aos presentes que trasladasen a información para que este programa fose coñecido entre o maior número de persoas.
Todas aquelas persoas que queiran ter máis información poden dirixirse a Cruz Vermella, a Oficina de Información Xuvenil ou o Departamento de Educación Familiar do Concello da Guarda ou a páxina www.acollementofamiliar.org .

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones