Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Uns 450 alumnos da Guarda disfrutaron de visitas guiadas á exposición -Enerxía, auga e máquinas-

En total foron arredor de 450 nenos e nenas os que asistiron ás visita guiadas por Carlos Javier Álvarez Fernández, autor das maquetas alí dispostas.

En total foron arredor de 450 nenos e nenas os que asistiron ás visita guiadas por Carlos Javier Álvarez Fernández, autor das maquetas alí dispostas.

Fecha: 17 de Enero de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Alumnas e alumnos de todos os colexios de primaria da Guarda acudiron os pasados mércores e xoves, 11 e 12 de xaneiro, a visitar a mostra "Enerxía, auga e máquinas". En total foron arredor de 450 nenos e nenas os que asistiron ás visita guiadas por Carlos Javier Álvarez Fernández, autor das maquetas alí dispostas.

Nesta mostra, que estivo no Centro Cultural da Guarda do 29 de decembro ó 12 de xaneiro, puideron desfrutar dunha exposición que destaca polo seu marcado carácter didáctico e que busca amosar a importancia da auga como elemento clave na realización de moitos traballos a través de máquinas deseñadas para que se puidera aproveitar esa enerxía. Entre estas máquinas creadas para aproveitar a enerxía da auga atópase a tradicional roda hidráulica ou as norias.

A exposición contou con dez paneis explicativos e tres máquinas construídas en madeira: dúas rodas hidráulicas e unha noria que sube auga para trasladala mediante un sistema de canais. Ademais, había diferentes mecanismos de transmisión do movemento da roda aos elementos de traballo: engranaxes, levas e sistemas de poleas e correas. Todos estes elementos son os que puideron ver nestas visitas guiadas os nenos e nenas da Guarda, todo explicado de primeira man polo seu creador, que lles falou das máquinas que permitiron durante moito tempo levar a cabo diversos traballos aproveitando a forza e enerxía do elemento base da vida: a auga

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí