Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Uxío Benítez anuncia que a Deputación financiará un estudo de mobilidade para o Concello de A Guarda

As directrices para ordenar o espazo público do núcleo da vila estarán definidas antes de catro meses e deberán ser aprobadas polo Pleno

Benítez reuniuse co alcalde, Antonio Lomba Paz, e a maior parte dos grupos da Corporación para concretar as características do futuro estudo de mobilidade, que financiará por completo a Deputación

Fecha: 20 de Octubre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, confirmou ao alcalde de A Guarda que a Deputación financiará a redacción dun estudo de mobilidade para o municipio. Este documento servirá de folla de ruta para realizar unha reforma global da estrada provincial que pasa polo centro da vila, Concepción Arenal. Así mesmo, marcará zonas a peonalizar, cambios nas direccións de tráfico, ubicacións das bolsas de estacionamento necesarias e ordenará o espazo público en xeral. Estará listo, segundo as previsións, antes de catro meses e deberá ser aprobado polo Pleno da Corporación para darlle validez política.

Benítez reuniuse co alcalde, Antonio Lomba Paz, e a maior parte dos grupos da Corporación para concretar as características do futuro estudo de mobilidade, que financiará por completo a Deputación. "A Deputación ten marcada unha Estratexia de Mobilidade Sostible que ten como eixo fundamental e abriu unha liña de colaboración e asesoramento aos concellos para realizar estudos de mobilidade sustentable. Quérese apostar por ter unha visión estratéxica da mobilidade en A Guarda que permita unha perspectiva actuacións a longo prazo".

Ademais, o deputado destacou que a Deputación ten interese en facer o estudo de mobilidade para A Guarda por outra razón contundente: a rúa Concepción Arenal, que é a única estrada de titularidade provincial no municipio e ten a maior intensidade diaria de vehículos de toda a provincia, é a columna vertebral da rede viaria no concello do Baixo Miño e pasa polo centro urbano. Benítez lembrou Concello pedíu a urbanización da rúa e incluso presentou un proxecto elaborado polos técnicos municipais, pero sinalou que antes de realizar calquera actuación é preciso facer un estudo amplo e rigoroso que poña de manifesto as necesidades de mobilidade non só nesa rúa, senón en todo o concello.

"Esta vía é unha estrada sensible que vertebra todo o tráfico da vila. Ten unha parada de buses e e taxis, leva o tráfico ata o Porto, está ao lado do Mercado municipal e linda coa parte máis histórica. As características dunha obra de urbanización que non estea ben pensada poden condicionar a mobilidade no resto do concello, por iso é preciso un documento xeral que marque as pautas e as necesidades existentes. Así, unha vez teñamos o plan de mobilidade poderase iniciar unha segunda fase na que se concrete un proxecto de actuación. O noso compromiso de actuar está sobre a mesa, pero queremos ser responsables e mirar cara o medio e longo prazo", subliñou Benítez.

En canto á redacción do estudo de mobilidade, Benítez pediu a Lomba Paz que non quede en ‘papel mollado' e que busque e traballe a favor dun apoio masivo tanto dos diferentes axentes sociais como políticos da vila, xa que todos teñen unha visión diferente dos problemas de mobilidade segundo os seus intereses. "Queremos un documento consensuado, e para iso vaise fomentar a participación de forma moi ampla", asegurou.

Reunións de traballo e toma de datos
Para a realización do estudo será preciso a celebración de varias reunións de coordinación entre o equipo redactor e o goberno local, así como un importante traballo de campo. Na toma de datos medirante varios puntos de tráfico rodado e peonil e analizarase a estrutura urbana e a actividade económica existente en cada zona, abordando as cuestións tanto con persoal municipal, como representantes dos sectores socioeconómicos (comercio, hostalería, transporte), así como dos veciños do centro urbano e das parroquias.

Con ese traballo de campo realizado, a equipa redactora marcará unha estratexia xeral de mobilidade rodada, peonil e alternativa; definirá posibles liñas de actuación e caracterización dos espazos públicos e do viario; e realizará unha proposta de modelos de sensibilización da cidadanía. Así mesmo, realizarase unha xornada técnica sobre estratexias de mobilidade para o persoal do concello, xunto con encontros de coordinación durante a redacción do plan. Todo este traballo será supervisado polos técnicos e asesores da Deputación de Pontevedra, que buscarán que se cumpran os criterios de mobilidade sostible que se queren aplicar en toda a provincia.

A previsión é que o traballo de campo por parte da asistencia técnica contratada comece nas vindeiras semanas e que, no prazo duns tres meses -aproximadamente-, se poida dispoñer do documento base. A intención é acadar unha folla de ruta para peonalizar áreas, ver a posibilidade de mudar direccións de tráfico, xerar aparcamentos disuasorios, e mellorar os accesos dende os barrios e as parroquias ao casco urbano, entre outras cuestións. En resumo, segundo dixo Benítez, a intención é "racionalizar a mobilidade da vila e facer que tanto vehículos e peóns convivan nun espazo de calidade urbana".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones