Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UXÍO BENÍTEZ ATENDE AS PETICIÓNS SOBRE MOBILIDADE DA ALCALDESA DE OIA

O deputado de Mobilidade enviou ás brigadas e as máquinas da Deputación para conter un corremento de terras na estrada provincial que vai a Baiona

Os técnicos provinciais buscarán solución aos problemas de execución das obras da EP-2202 no lugar de Burgueira

Fecha: 22 de Abril de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Mobilidade Uxío Benítez reuniuse hoxe coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal, para atender as súas peticións en materia de infraestruturas viarias. O nacionalista deu a orde de enviar as máquinas da Deputación de inmediato ao ter coñecemento dos problemas ocasionados por un corremento de terras sobre a vía provincial que vai a Baiona (EP-2202). Así mesmo, asegurou que os técnicos provinciais buscarán solución aos problemas de execución das obras nesa mesma estrada no lugar de Burgueira.

Benítez, ante a incidencia do corremento de terras, deu orde inmediata para que a brigada de actuación número 8 se fixera cargo de limpar a zona e consolidar a ladeira, actuación que xa se fixo na mañá de onte. Así mesmo, mañá trasladarase á zona un camión grúa do parque de maquinaria provincial para rematar o traballo.

Relacionada con esa mesma vía, que conecta os concellos de Baiona e O Rosal a través de Oia, está a actuación que a rexedora solicitou para resolver as deficiencias das últimas obras que fixo o anterior goberno provincial. O deputado de Mobilidade, ao coñecer que os problemas de execución afectan aos veciños -incidindo nas súas propiedades- comprometeuse a subsanar os traballos, localizados nas inmediacións da igrexa, no lugar de Burgueira. Así, buscarase solución para estabilizar un muro e derivar as augas que se están a filtrar a unha propiedade actuando na cuneta da vía.


Por outra banda, o responsable de Mobilidade instou a Correa Pombal a solicitar actuacións da Deputación de Pontevedra para o concello de Oia ao abeiro de próximas fases do Plan MÓVESE, xa que este goberno local da comarca do Baixo Miño non presentou ningunha solicitude de obras no prazo aberto a primeiros deste ano. Benítez lembrou que máis de 40 concellos solicitaron a instalación de pasos de peóns sobreelevados, redutores físicos da velocidade e zonas 30 nas vías de titularidade provincial para reducir a velocidade do tráfico e a sinistralidade.


O concello de Oia ten no seu territorio tres vías provinciais: a EP-3201 de acceso ao embarcadoiro de Oia, a EP-3202 entre Oia e Torroña e a EP-2202 que conecta os concellos de Baiona e o Rosal. En total suma máis de 20 quilómetros de estradas de titularidade da Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones