Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

VILA PRAIA DE ÀNCORA, EN CAMINHA, INAUGURA O -PASEO DE A GUARDA-

Unha maneira de inmortalizar os lazos que unen estas dúas vilas veciñas separadas polo río Miño

Unha maneira de inmortalizar os lazos que unen estas dúas vilas veciñas separadas polo río Miño

Fecha: 11 de Agosto de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O municipio portugués de Caminha, inaugurou no porto de Vila Praia de Àncora o novo "Paseo de A Guarda", unha maneira de inmortalizar os lazos que unen estas dúas vilas veciñas separadas polo río Miño.

O "Passeio de A Guarda", que así é como se escribe na lingua lusa, inaugurouse coa presenza tanto do alcalde de Caminha, Miguel Alves, coma o da Guarda, Antonio Lomba. Este evento, apuntou Miguel Alves, é unha maneira máis de "estreitar relacións" entre os dous Concellos.

O nome desta rúa celebra tamén a orixe pescadora de Vila Praia de Àncora e da súa poboación. Tras unha investigación científica sobre a historia desta vila, Aurora Rego, reparou en que en 1825, un pescador chegado dende A Guarda, Antonio Verde, foi unha das persoas, xunto con outros pescadores e as súas familias, que foron determinantes para o desenvolvemento da pesca e para a expansión demográfica.

Os apelidos destes galegos aínda se encontran entre a poboación da vila.

Para o alcalde da Guarda, esta homenaxe, da que dixo sentirse moi honrado, é un recoñecemento á participación dos guardeses no asentamento e desenvolvemento de Vila Praia de Àncora. Este feito, afirmou, ven a facer máis intensas as relacións entre a vila de Caminha e a de A Guarda.

Miguel Alves, pola súa banda, falou da importancia de que ambos concellos formen unha familia cultura, xeográfica e agora tamén, "de sangue".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones