Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

VISITA GUIADA Ó COMPLEXO ARQUEOLÓXICO DA CABECIÑA ESTE DOMINGO EN MOUGÁS-OIA

A esta campaña pouco lle queda e queremos que vexades in situ os resultados.

A esta campaña pouco lle queda e queremos que vexades in situ os resultados.

Fecha: 14 de Marzo de 2015

Fuente: Proxecto Mougás

A visita está dentro do programa de actividades do Proxecto Mougás, promovido pola C.M.V.M.C. de Mougás, o Concello de Oia e a Deputación de Pontevedra. A xornada constará de proxección de fotografías das escavacións e visita guiada.

O próximo domingo 15 de marzo, o Proxecto Mougás ofrece unha visita guiada gratuíta ao Castro e petróglifos da Cabeciña, onde se están levando a cabo traballos arqueolóxicos. A actividade é totalmente gratuíta e o seu obxectivo é o de dar a coñecer os resultados das intervencións arqueolóxicas. A actividade terá lugar o domingo pola mañá e constará de tres partes.

Ás 11:00 da mañá está prevista a proxección de fotografías dos traballos arqueolóxicos nas que se poderán ver os materiais descubertos. Os traballos foron moi frutíferos e atopáronse materiais como unha machada, unha punta de lanza, fíbulas e moita cerámica. A proxección terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Mougás.

Acto seguido, ás 11:45, comezará a andaina dende a Casa da Cultura ata a Cabeciña. Durante o percorrido, pararse nalgún elemento etnográfico como antigas cortes de cabras ou os petróglifos de Pedra Lan, anticipando o que será unha das apostas do Proxecto Mougás para este verán, a Ruta "Mougás en 4.000 anos de Historia".

Unha vez chegados á Cabeciña, sobre as 12:30, ofrecerase unha visita guiada para coñecer as estruturas atopadas durante os traballos de escavación. Durante as escavacións, descubríronse distintos muros de distintas fases de ocupación.

Os participantes poderán asisitir a todas ou algunha das actividades programadas, bastará con estar ás distintas horas nos lugares acordados.

Na páxina e no Facebook do Proxecto Mougás hai información sobre como chegar. Para claquera dúbida, pódese contactar no correo info@proxectomougas.net

Web: proxectomougas.net

Facebook: https://www.facebook.com/proxectomougas

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí