Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

VISITA INSTITUCIONAL Á PRAZA DE ABASTOS DE A GUARDA

O delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e a Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez, visitaron, xunto o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Praza de Abastos.

O delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e a Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez, visitaron, xunto o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Praza de Abastos.

Fecha: 15 de Septiembre de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Neste encontro tamén estiveron presentes a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel A. Español e a portavoz do PP, Conchi Ortega.

O motivo desta visita, tal e como declarou, Sol María Vázquez, foi coñecer de primeira man ós traballos de reforma que comezarán nos próximos días na Praza de Abastos. Estas obras reformarán a primeira planta da praza. Así, está previsto colocar un chan novo, quitar a bancada que está no centro da planta e colocar uns postos de aceiro movibles, unificar a vista dos diferentes postos e crear un espazo para a limpeza do pescado.

Nesta praza, xa fai dous anos, reformouse a primeira planta. Espazo onde están os postos de carnicería e legumes.

Estes traballos teñen un orzamento de máis de 128.000 euros, dos cales, o 70% están subvencionados pola Xunta de Galicia e os outr0 30% vén de parte do Concello.

Dentro desta partida, ademais, hai unha parte que está adicada á formación dos propios praceiros. Así, para a primeira semana de outubro, están programados uns cursos de mentoring e coaching para os traballadores da praza.

"Este edificio é histórico polo que precisa modernizarse", afirmou o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, tras a visita.
Ademais, Lomba, aproveitou a visita de Cores Tourís e de Sol María Vázquez para afirmar que son moitas máis as actuacións que precisa a Praza polo que espera que en vindeiros anos, dende a Xunta, continúen existindo estas partidas para conseguir remodelar e adecuar estes edificios. "Buscamos que a nosa Praza sexa atractiva tanto para os veciños da Guarda, coma para os nosos visitantes e por suposto para os praceiros", afirmou o alcalde.

Así, tal e como xe dixo, as obras que se levarán a cabo neste edificio estarán consensuadas tanto cós traballadores da Praza coma cós usuarios da mesma.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones