Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Visitas teatralizadas para coñecer a historia mais recente da Guarda

Programación de visitas teatralizadas que se repetirá semanalmente durante todo o verán ata o vindeiro 7 de setembro.

Sen mais convocamos a asistir á poboación do mesmo xeito que se facía en 1930

Fecha: 12 de Julio de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Este xoves 13 de xullo, comeza na vila da Guarda a programación de visitas teatralizadas que se repetirá semanalmente durante todo o verán ata o vindeiro 7 de setembro.

Esta actividade pretende amosar a nosa historia e patrimonio dun xeito ameno e diferente, conxugando a técnica teatral coa divulgación do noso pasado. As visitas realizadas pola compañía Os Quinquilláns, percorrerán o centro histórico, comezando ás 21.30h. na Praza da Igrexa, para continuar o itinerario pola Praza do Reló, rúa Colón, rúa Baixo Muro, rúa José María Lomba Peña, rúa Malteses, para chegar ó Porto da Guarda.

Os actores protagonistas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, darán vida a dous personaxes influentes da Guarda de 1930. Neste momento, coincidindo coa celebración da chegada do primeiro guardés a Porto Rico, deciden congregar á poboación no centro da vila para gravar unha película que remitirán á sociedade guardesa en América. A través deste fío condutor a compañía fai unha intensa labor de amosar os diferentes monumentos e lugares emblemáticos do centro da Guarda. Pero por se isto fora pouco, o espectáculo agocha sorpresas musicais coa intervención de músicos destacados como Paco Nogueiras ou o dúo Barahunda. Todos estes ingredientes fan desta actividade unha proposta diferente, divertida e que promete ser participativa. É por iso que dende o Concello da Guarda esperamos que guste tanto á poboación local como ós visitantes que se achegan nesta época.

 
Sen mais convocamos a asistir á poboación do mesmo xeito que se facía en 1930:
BANDO MUNICIPAL
DON MANUEL LOMBA PEÑA
ALCALDE DE A GUARDA

FAGO SABER:
Que neste ano de 1930 se celebra o centenario da chegada do primeiro Guardés a Puerto Rico. Con esta fazaña abriuse para moitos veciños e veciñas un camiño de éxito económico, social e político. Hoxe A Guarda é a vila galega, e case a peninsular, que máis emigrantes ten aportado a América, o cal contribuíu ao seu enriquecemento, embelecemento e alfabetización. Un século despois o Concello de A Guarda, por iniciativa da Señorita Rosario García e coa axuda do Señor Mariñas, pioneiro operador de cámara, quere honrar a todas estas familias indianas gravando un filme homenaxe que se enviará aos principais centros galegos de América.

Por todo isto
ORDENO E MANDO:
Que veciños e veciñas da vila guardesa e visitantes que se atopen estes días por estas terras, ben aseados e ataviados coas súas mellores galas, acudan ás sesións de gravación que para tal fin se celebrarán na Praza da Constitución (Antiga Praza do Reló) nos días e horas abaixo indicadas.

XULLO 2017: xoves 13, 20 e 27 ás 21:30 horas
AGOSTO 2017: xoves 3 ás 21:30 horas e xoves 17, 24 e 31 ás 21:00 horas
SETEMBRO 2017: venres 8 ás 21:00 horas


A Guarda, 13 de xullo de 1930


Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones