Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Volve a música aos Xardíns do Centro Cultural

A primeira cita de Música nos Xardíns será este venres día 6 de agosto cun dobre concerto de Bruce Grinn e The Mirror, ás 21:00h

A primeira cita de Música nos Xardíns será este venres día 6 de agosto cun dobre concerto de Bruce Grinn e The Mirror, ás 21:00h

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Agosto de 2021

Fuente: Concello da Guarda

Este venres dará comezo a edición 2021 Música nos Xardíns, a programación coa que o Concello da Guarda quere achegarse aos novos talentos musicais da nosa vila e contorna, que este ano incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos. En total serán tres os concertos que se desenvolverán entre agosto e setembro e polos que pasarán músicos e bandas xa coñecidas polo público guardés como Bruce Grinn ou The Charráns, acompañadas por bandas da contorna como The Mirror ou Zalomon Grass.

Esta programación parte dunha colaboración con aquelas asociacións e colectivos que ata o 2019 viñan organizando festivais de música na nosa vila, como o Rock Guardés ou o Galifornia Beat, que por mor da pandemia e as restricións e limitacións impostas para facer fronte ás actividades culturais non poden realizar os seus festivais este ano.

A primeira cita de Música nos Xardíns será este venres día 6 de agosto cun dobre concerto de Bruce Grinn e The Mirror, ás 21:00h. nos Xardins do Centro Cultural. Como ven sendo habitual o evento conta con protocolo COVID-19, sendo precisa a inscrición previa a través do enlace: https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda, e debendo seguir o concerto sentado, con mascarilla e coa distancia de seguridade preceptiva.

Bruce Grinn, é un músico independente, formado en Inglaterra onde se formou como músico tocando en bandas locais, e se estableceu en 2011 na nosa vila onde formou o grupo  The Loopholes, moi ben acollido pola prensa musical galega. No 2017 decideu embarcarse en solitario nun novo proxecto musical mais ambicioso, chegando o seu  debut discográfico en 2018: “Fustian Fumes”. Con 8 temas de rock-alternativo eun sonido endurecido en relación aos seus traballos anteriores, o disco conta coa colaboración de varios músicos entre os que destaca Tania González Braga (The Mirror) nas voces, quen aporta solidez e calidez vocal.

En directo, Bruce, acompañado tan solo dunha guitarra acústica e algo de percusión, nos ofrecerá o seu lado mais íntimo entre a canción de autor propia do indie-folk y o  rock noventero.

O grupo The Mirror, será o encargado de pechar a velada, co seu repertorio de temas propios con influencias do rock, funk e o soul. Este grupo, formado no 2018 unificando as diferentes traxectorias dos seus compoñentes, xa estiveron no Mercado da Música celebrado nos Xardíns do Centro Cultural, así como en diferentes festivais da provincia (Solpor no Mosteiro, Oia ou Sons do Casco, Baiona).

Proximamente anunciaranse as bandas que participarán no vindeiro concerto programado de Música nos Xardíns do 18 de setembro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí