Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Xuliva pendura na rede a súa última conferencia sobre Megalitismo

A asociación guardesa Xuliva cargou na súa canle de Youtube a conferencia sobre Megalitismo celebrada o sábado 29 de xuño.

A asociación guardesa Xuliva cargou na súa canle de Youtube a conferencia sobre Megalitismo celebrada o sábado 29 de xuño.

Fecha: 11 de Julio de 2019

Fuente: Xuliva

A asociación guardesa Xuliva cargou na súa canle de Youtube a conferencia sobre Megalitismo celebrada o sábado 29 de xuño. Este coloquio, protagonizado polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela, Antón Rodríguez Casal e o guardés Miguel Carrero Pazos, consistiu nunha introdución ao megalitismo no sur de Galiza sen fuxir da súa contextualización atlántica.

Por unha banda, o profesor Antón Rodríguez Casal abriu a súa quenda precisando conceptos como o do propio megalitismo (as diferenzas con termos como monumentalidade), situandoo como un fenómeno universal de hai cinco mil ou seis mil anos, no cal Galiza formaría parte do contexto atlántico que abrangue dende as illas Orcadas até o Sur de Portugal.
Posteriormente pasaría a percorrrer os principais centros megalíticos europeos tales como o Stonehege en Inglaterra, Carnac en Bretaña ou Newgrange en Irlanda. O profesor comentou tamén as principais teorías a redor da formación destes megalitos e as similitudes entre os diferentes puntos sen que houbese un contacto deliberado entre eles. Tamén insistiu na inmensa cantidade de pequenas mámoas que caracterizan historicamente a paisaxe galega, así como a súa mala conservación co paso do tempo, en gran parte debida a un fondo descoñecemento das mesmas.

En segundo lugar, Miguel Carrero analizou concretamente a situación de restos megalíticos no sur do país e no norte de Portugal. Sinalou que se cuantifican 43 monumentos megalíticos na comarca do Baixo Miño, aínda que con certeza, o número podería ser maior. Tamén comentou as alteracións paisaxísticas que sofren as mámoas e megalitos co paso dos anos, o que adoita conlevar un deterioro grave das mesmas. Debido a isto, a dificultade de identificar estes megalitos é maior, polo que o profesor Carrero subliñou a importancia da tecnoloxía LIDAR na actualidade no seu traballo para seguir investigando sobre os vestixios milenarios do noso entorno.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones