Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Xuliva pendura na rede o documentario -Reconstruíndo a autoestima-

O documentario, que foi proxectado o pasado xoves 16 a raíz da conmemoración do Día das Letras Galegas

O documentario, que foi proxectado o pasado xoves 16 a raíz da conmemoración do Día das Letras Galegas

Fecha: 25 de Mayo de 2019

Fuente: Xuliva

Xuliva pendura na rede o documentario -Reconstruíndo a autoestima-
O colectivo Xuliva pendurou na súa canle de Youtube, a disposición de todos/as, o documentario elaborado polo Equipo de Normalización Lingüística do IES A Sangriña "Reconstruíndo a autoestima", que trata sobre a situación actual do galego na nosa vila.

O documentario, que foi proxectado o pasado xoves 16 a raíz da conmemoración do Día das Letras Galegas, pretende amosarnos a través de diversas entrevistas a veciñas e veciños da Guarda as diferentes percepcións e realidades entorno ao galego na nosa vila. As persoas entrevistadas comentaron cuestións como; a súa lingua de uso habitual, a identificación con cada unha, a situación actual e as oportunidades que nos brindan, a persecución do galego no pasado, a presenza da nosa lingua na escola, o seu futuro, etc.

Esta proxección, que tivo lugar no Centro Cultural da Guarda, foi parte, xunto cunha intervención de Denís Vicente, mestre e impulsor do documentario, e un posterior coloquio aberto entre os/as asistentes, da primeira actividade do colectivo Xuliva. Este novo proxecto está composto por un conxunto de mozas e mozos guardeses que pula por poñer en valor, entre todas as xeracións, o patrimonio material e inmaterial da vila. Proximamente o colectivo presentará novas actividades que xa está a organizar.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones