Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

XUNTA, CONCELLO E CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA ANALIZAN AS NECESIDADES DOS MARXES DOS RÍOS TAMUXE E BROI EN OIA

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, o presidente da Confederación Hidrográfica da cunca Miño-Sil, e a alcaldesa da localidade visitaron varios puntos que presentan problemas de arrastre

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, o presidente da Confederación Hidrográfica da cunca Miño-Sil, e a alcaldesa da localidade visitaron varios puntos que presentan problemas de arrastre

Fecha: 04 de Diciembre de 2015

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello da Oia para, en compaña do presidente da Confederación Hidrográfica da cunca Miño-Sil, Francisco Marín, e a alcaldesa da localidade, Cristina Correa, analizar as marxes dos ríos Tamuxe e Broi.

Tamén estiveron na reunión o xefe do Servizo Territorial de Augas de Galicia en Pontevedra, Francisco Alonso, así como o tenente alcalde de Oia, Eugenio Portela.

Deste xeito, as tres administracións, Estado, Xunta e concello, colaborarán na posta en marcha de proxectos que melloren varios puntos de ambos ríos que presentan necesidade de protección e limpeza.

En concreto, os tres responsables políticos comprobaron a situación das beiras do río Tamuxe na parroquia de Loureza, onde será necesaria a posta en marcha dun proxecto para a protección destas marxes así como para a resolución dos problemas de arrastre da praia fluvial desta parroquia. "O obxectivo", explicou a alcaldesa, "é dar unha solución ao acondicionamento destas beiras e tamén legalizala situación da comunidade de regantes de Loureza".

"Revisamos diferentes puntos neste río co obxectivo de comprobar cales son as zonas onde se atopan tapóns de arrastre de maleza e árbores que impiden o seu curso normal, e que poden ser motivo de problemática unha vez que cheguen os temporais do inverno", explicou pola súa banda o delegado territorial da Xunta en Pontevedra. Estes puntos soen ser máis habituais nas inmediacións de pontes e pontóns.

Finalmente, tamén se comprobou o río Broi, onde Augas de Galicia está a traballar para tratar de atallar problemáticas similares ás do río Tamuxe. "En definitiva", rematou Cores Tourís, "o que pretendemos é garantir que as enchentes non causen graves arrastres e que poidamos protexer as marxes dos ríos".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones