Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Xuntanza do Grupo Antiherbicidas do Baixo Miño

Máis dunha ducia de persoas preocupadas pola utilización de herbicidas en espazos públicos únense para erradicar o seu uso na bisbarra do Baixo Miño por parte da administración.

Máis dunha ducia de persoas preocupadas pola utilización de herbicidas en espazos públicos únense para erradicar o seu uso na bisbarra do Baixo Miño por parte da administración.

Fecha: 15 de Octubre de 2019

Fuente: Grupo Antiherbicidas do Baixo

A pasada fin de semana, un grupo de persoas do Baixo Miño mantiveron a primeira reunión do recén creado Grupo Antiherbicidas do Baixo Miño, formado por máis dunha ducia de persoas, que se unen para loitar contra o uso de herbicidas por parte da administración nos espazos públicos: estradas, camiños, etc. Na xuntanza trataron e acordaron os pasos a seguir para que os concellos do Baixo Miño sexan libres de calquera uso de herbicidas por consideralos prexudiciais para a biodiversidade, para a saúde das persoas e para os animais domésticos.

Actualmente, os herbicidas son utilizados para a eliminación de vexetación polas institucións públicas, principalmente nas estradas. Ante este uso, este grupo amósase en contra da utilización con dito fin, propondo como un posible sustituto a esta técnica o uso de man de obra, fomentado así o emprego e respectando o entorno. Precisamente nunha das últimas fumigacións con este sistema levada a cabo no pasado mes de setembro, resultou afectado un veciño da Guarda que foi trasladado en ambulancia dende o servizo de urxencias da Guarda ao Hospital Álvaro Cunqueiro (pode verse información do caso en www.anabam.org ).

A contaminación de acuíferos, a afectación da fauna e a destrución do medio son outras consecuencias que se denuncian con esta práctica.

É por iso, que este grupo oponse totalmente a estas tarefas, polo que, entre outras accións que se desenvolverán, está a de solicitar unha xuntanza con cada un dos alcaldes e alcaldesas de cada concello co fin de expresar a nosa preocupación por estes feitos. As medidas que se leven a cabo, xunto coa concienciación social, serán os primeiros pasos a seguir polos integrantes.

O grupo continúa aberto a calquera persoa interesada en formar parte do mesmo, pois somos conscientes que soamente coa presión social seremos capaces de erradicar estas malas prácticas, para iso as persoas interesadas poden porse en contacto no enderezo anabam.anabam@gmail.com ou no teléfono 616 180 557.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones